Por fin comezaron as obras da ITV de Zas
Tras 3 anos de desputas políticas, promesas incumplidas, manifestacións... a ITV de Zas está en marcha. A tarde de onte comezaban as obras no Polígono do Allo, onde os operarios xa desplegaban as súas máquinas.
Agora haberá que ver se efectivamente a ITV estará rematada en outubro, como aseguraba a Xunta en xuño. Con todo, parece que ata comezos de ano non empezará a funcionar.
Unha vitoria para o pobo da Costa da Morte, sen lugar a dúbidas. Precisamente, un dos pesos pesados da zona, Coté Xan Mella, apuntaba polas redes sociais que "a unión, a razón e a forza que fixemos entre todos serviu para moito". Diso podemos estar seguro, tanto como de que se non se mobilizara a bisbarra, aínda a día de hoxe estaríamos empantanados entre disputas locais e promesas nacionais.
Novas relacionadas
- Baio e Cee teñen novas citas cos coches.
- A Xunta asegura que a ITV estará rematada en outubro.
- Manifestación pola ITV: A Costa da Morte sabe manifestarse.
- A Costa da Morte e Zas únense, con excepcións, pola ITV.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).