A Costa da Morte e Zas únense, con excepcións, pola ITV


Proposta da alcaldía

- Primeiro. Sumarnos a apoiar tódalas medidas que adopte a Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte e o propio Concello de Zas co obxectivo de conseguir que remate a agresión inxustificada e intolerable que se está a levar a cabo pola Xunta de Galicia contra este Concello e toda a Costa da Morte, retrasando deliberadamente o inicio das obras de construción da ITV.
- Segundo. Esixir a Xunta de Galicia que autorice inmediatamente o inicio das obras de construción da ITV no polígono do Allo.
Cronoloxía da ITV

Durante o pleno o portavoz do BNG, o propio alcalde Lolo Muíño, expuxo cronolóxicamente os tempos das actuacións realizadas dende o concello dende que a ITV aprobada ata o día de hoxe. Resaltou que "antes de que o concello puidese ceder os terreos á empresa concesionaria, tívose que regularizar o poligono do Allo, comparando o proceso a realización dunha concentración parcelaria, que ás veces dura ate 10 anos, e que no noso caso durou apenas 2 anos".
De feito unha vez realizados os trámites municipais necesarios, o día 16 de setembro de 2010 a empresa Supervisión e Control, concesionaria de ITV, solicita a correspondente autorización á Xunta de Galicia. Unha vez regularizado o poligono vendeuselle o terreo á empresa e ésta pediu xa licencia de obra que xa ten aprobada, e que xa poderia ter comezado as obras se dende a consellería de industria de asinasen o permiso pertinente.
Novas relacionadas
- Zas esixe a ITV.
- A Costa manifestarase se en 15 días non se desbloquea a ITV de Baio.
- O GDR Costa da Morte, con 13 novos proxectos en marcha, analiza a situación da ITV.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Zas.