Martes. 07.04.2020
El tiempo

A regueifa tórnase interxeracional e patrimonial en Zas

Imaxe do encontro xeracional de regueifa en Zas
Imaxe do encontro xeracional de regueifa en Zas
A regueifa tórnase interxeracional e patrimonial en Zas

Fermoso o proxecto “As regueifas dos Pazos”, unha iniciativa que trata de recuperar o relevo xeracional da raíña da improvisación galega, na que participan maiores do Concello con alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose, do CPI de Zas e do IES Maximino Romero de Lema.

Unha improvisacións orais en verso fomentan a capacidade de articulación dun discurso e amplían as aptitudes retóricas. Así mesmo, posibilitan un diálogo que saca á luz, dun xeito horizontal, as desigualdades imperantes na sociedade.

A publicación de varios vídeos deste proxecto educativo por Nadal, serve para poñer en valor a arquitectura civil do municipio zaseiro, exemplificada nos seus pazos e casas grandes, a través de creacións literarias e musicais coa composición de regueifas. Con este tipo de traballo os máis novos coñecer o patrimonio do Concello empregando as novas tecnoloxías xa que foron elas e eles as encargadas de gravar e montar os vídeos.

Dezasete alumnas e alumnos de 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose, xunto coa súa profesora Sinda Cundíns, realizaron regueifas sobre a casa natal de Labarta Pose, o pazo das Torres do Allo e o pazo do Cruceiro de Zas. Na seguinte ligazón podedes ver o seu traballo:

Regueifa dos Pazos – Colexio Labarta Pose de Baio from Turismo Zas on Vimeo.

 

Un cantar de cego foi a temática elixida polos 14 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria do CPI de Zas que, xunto co seu mestre José Antonio Vázquez Martínez, montaron un vídeo de dous minutos de duración.

Regueifa dos Pazos - CPI de Zas from Turismo Zas on Vimeo.

 

O pazo de Daneiro, o de Follente e a Casa do Concello foron os bens sobre os que investigaron un grupo de estudantes do IES Maximino Romero de Lema. Para ver o seu traballo teremos que agardar ata despois do Nadal.

O proxecto

Esta primeira parte do proxecto incluíu a celebración dun encontro interxeracional coa veciñanzas que tivo lugar no pasado mes de novembro no Centro Sociocultural de Baio. Alumnas e alumnos dos tres centros educativos conversaron coas persoas maiores que nalgún momento das súas vidas tiveran algún tipo de relación con algún pazo ou casa grande do noso municipio. Fixéronlle preguntas sobre a súa relación con estas construccións, sobre os costumes, o traballo, a emigración e tamén sobre as festas.

Novas relacionadas

comentarios