Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Renovación nos clubes da Costa que hoxe teñen reunión en Baio

Renovación nos clubes da Costa que hoxe teñen reunión en Baio

Xa coñecemos a nova directiva da SD Fisterra, e os movementos no fútbol muradán. Hoxe marchamos ata Sofán e Zas para coñecer as caras novas.

Pero antes damos conta da reunón que vén de convocar a Asociación de Clubes da Costa da Morte para hoxe mércores 1 de xuño no Pavillón de Baio, ás 21:00h. A cita servirá para tratar o plan de competicións da Federación para os anos veindeiros, así como a planificación da Copa 2012 e outros asuntos da propia entidade.

Novo corpo técnico en Sofán

Na tarde-noite do venres foi presentado en sociedade o equipo técnico que rexirá os destinos da S.D. Sofán durante o curso futbolístico 2010/2011. Vicente García Mariño, e Jesús Piñeiro, "Miniño", asinaron o seu compromiso co clube presidido por Liso Docampo para esta tempada. Miniño cambia as botas polo banco, onde ambos relevan a David Baña.

Nova directiva en Zas

Será Miguel Muíño Ramos o novo presidente do Sporting Zas. Jorge Espasandín, aínda xogador, Severino Rojo (adestrador de xuvenís), Julián, Roli, Fatino, e Chentoni, formarán a directiva.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis información

Fonte

Comentarios