Venres. 19.04.2024
El tiempo

RECORTES

O tenso pleno de Zas ratificou o apoio á loita pola recuperación das 35 horas de pediatra

Familias da Coordinadora no pleno de Zas
Familias da Coordinadora Zas sen recortes en pediatría no pleno de Zas
O tenso pleno de Zas ratificou o apoio á loita pola recuperación das 35 horas de pediatra

Tenso pleno o pasado venres no Concello de Zas, que servir para debatir sobre o estado de saúde da sanidade pública galega. O goberno presentaba 3 mocións nas que denunciaba os recortes na materia tanto a nivel autonómico como a nivel local, pedindo en todas a dimisión do Conselleiro de Sanidade.

O punto da orde do día máis quente, debido á presencia de varias familias da Coordinadora Zas sen recortes en pediatría, era a rúbrica do apoio municipal á loita pola recuperación das 35 horas semanais de servizo. Un pleno que chegaba apenas un día despois da visita de Feijoo á zona. As familias volveron denunciar a persecución da Policía Autonómica e lamentaron que o presidente da Xunta nin se dignara a preguntarlles.

Pola súa parte, o voceiro do PP asegurou que tamén quere recuperar as 35 horas, pero as familias non confían nel e así llo trasladaron con rotundidade durante un pleno, a pesar de ter explicado en innumerables ocasións que “non son nin de dereitas nin de esquerdas; somos os de abaixo”, rezan as súas pancartas.

As mocións pedían ademais a dimisión do Conselleiro de Sanidade, e foron aprobadas con todos os votos a favor menos a abstención do PP.

Os esquecidos Centros de Saúde

A precaridede dos Centro de Saúde de Zas e Baio foi outro dos puntos da orde do día. Por unha banca, o abandono do centro zaseiro, para o que o Concello leva anos pedindo melloras que a Xunta non quere asumir.

Se cadra máis grave é aínda a situación do Centro de Saúde de Baio, situado no edificio das Vellas Escolas. Un lugar acondicionado pero que dista moito das condicións ideais dun centro sanitario. O alcalde Manuel Muíño lembrou que en 2017 mantivera unha co Conselleiro, e mesmo chegou a vir un técnico para darlle saída; pero acusou ao voceiro do PP de Zas, que leva prometendo o centro de saúde en Baio dúas lexislaturas, de botar todo para atrás.

Todas as novas sobre os recortes no pediatra

Máis novas

Comentarios