Vimianzo e Zas piden explicacións á Xunta polo retraso das obras de Baio
Os rexedores de Zas e Vimianzo solicitan unha reunión urxente coa Xunta de Galicia para abordar o retraso nas obras da ponte de Baio. Estaba previsto que o pasado 18 de xullo abrira a circulación de vehículos por un carril que leva pechada dende o 28 de xuño
Mónica Rodríguez e Lolo Muíño trasladaranlle as queixas da veciñanza polo retraso na primeira fase das obras que conleva o peche total da circulación de vehículos.
Lamentan ademais que “non tivemos comunicación por parte da Consellería sobre a problemática, e queremos aclarar este feito para poder comunicarllo á nosa respectiva veciñanza”.
Durante a xuntanza, os rexedores de Zas e Vimianzo propoñerán a posibilidade de atopar outras formulas alternativas ó peche total da ponte, dado que esta situación ten un forte impacto na economía dos dous concellos, principalmente nos comercios situados
en Baio e na Piroga