Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural

Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural
O pasado domingo tivo lugar a entrega de premios da I Mostra de Teatro Afeccionado organizado polo concello de Zas O pasado domingo tivo lugar a entrega de premios da I Mostra de Teatro Afeccionado organizado polo concello de Zas Rematados as cinco representacións teatrais da I Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas coa colaboración do grupo Badius, o pasado domingo tivo lugar no auditorio de Baio a clausura da mostra coa entrega de premios. "Fuga", unha enleada trama cómica onde se mistura a política e o amor e interpretada por Gargallada Teatro, foi a gran gañadora desta primeria mostra de teatro afeccionado cun primeiro premio de 700€. O segundo premio, de 500€, recaeu na obra "Que Deus nos Colla confesados. Cabaré Bíblico" de Tangatutanga Teatro de Santiago de Compostela. Tamén tivo o seu merecido recoñecemento "Pánico", a obra interpretrada por Farandoleiras Cabaré de Oleiros á que o xurado lle otorgou o terceiro premio dotado con 300€. Na categoría de premios individuais, Patricia Crespo, de Tangatutanga Teatro, levou o recoñecemento á mellor actriz mentras que Eladio Santos, polo seu papel de Antón Pita en "Fuga", obtivo o premio ao mellor actor. Continuidade da Mostra O éxito de público e a calidade das obras presentadas fan que o concello de Zas pretenda consolidar esta cita na súa axenda cultural. Así o recoñeceu Manuel García Velo - concelleiro de Cultura - durante o acto de clausura da I Mostra de Teatro Afeccionado. Velo aproveitou a ocasión para agradecerlle á asistencia "aos incondicionais que gozaron do seu tempo de lecer con actividades culturais na porta da casa sen a necesidade a desprazarse a unha urbe para desfrutar do ocio". Clausura Escola de Teatro Mais de trinta nenos e nenas clausuron a IX Escola de Teatro Infantil Máis de trinta nenos e nenas clausuraron a IX Escola de Teatro Infantil dirixida por Pibe e Marco Antes da entrega de premios tivo lugar a clausura da IX Escola de Teatro Infantil, tamén organizada polo concello de Zas, e da que se encargan Pibe e Marco, compoñenetes de Badius. Máis de trinta nenos e nenas do municipio subíronse ao escenario para interpretar as súas obras de teatro que lle arrincaron as risas ao público en reiteradas ocasións. Novas relacionadas

Novas sobre Badius

Fonte

Comentarios