venres. 24.01.2025
El tiempo

Zas dedica o calendario municipal Labarta Pose

reparto-calendarios 2025-Concello ZAs
Un equipo de traballadores e traballadoras municipais está percorrendo estes días as casas de Zas para facer entrega dun exemplar
Zas dedica o calendario municipal Labarta Pose

Como non podía ser doutro xeito, o Calendario do Concello de Zas 2025 ten como protagonista a Enrique Labarta Pose. O Concello quere celebrar que o 13 maio cúmprese o centenario da súa morte, continuando así a posta en valor da súa figura. 

En cada un dos meses do ano poden lerse estrofas de diferentes poemas cuxa temática está relacionada cunha efeméride dese mesmo mes. Por exemplo, en marzo - coincidindo co Día da Muller - recóllense algunhas das estrofas do poema “Defensa das Mulleres” no que Labarta defende a igualdade e a capacidade das mulleres.
En novembro, mes do 25N, poden lerse outras estrofas deste mesmo poema no que denuncia, xa na súa época, a violencia contra as mulleres. Eventos como O Carme do Briño, en Borneiro-Cabana de Bergantiños, a Festa da Patroa de Tabeirón, en Baio, ou a feira de Verdillo, en Carballo, tamén teñen o seu protagonismo xa que foron eventos aos que Labarta lles adicou algún poema.

“Este calendario é froito dun minucioso traballo realizado ppola Concellería de Cultura a través da Técnica de Xestión Cultural do Concello de Zas co asesoramento dos membros da Comisión Enrique Labarta Pose. E tamén cabe agradecer ao equipo de traballadores e traballadoras municipais que estes días está levando a cabo o reparto do almanaque nos case cen núcleos de poboación do noso municipio”; sinala o rexedor, Manuel Muíño.


 

Máis novas sobre Labarta Pose

 

Comentarios