Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Zas recibe a documentación que Pepe Valiña gardaba sobre Labarta Pose

O Alcalde de Zas e as irmans Teresa e Olga Rojo Valiña
O Alcalde de Zas e as irmás Teresa e Olga Rojo Valiña
Zas recibe a documentación que Pepe Valiña gardaba sobre Labarta Pose

A aposta decidida do Concello de Zas por recuperar e poñer en valor a historia e a obra de Labarta Pose ten a súa recompensa. Hai pouco estreaban unha presentaban a súa candidatura para o Día das Letras Galegas no marco da presentación dunha exposición sobre a súa vida e obra. Unha historia que seguimos descubrindo, desta volta, con novo material cedido ao Concello.

Así o asinaron esta fin de semana o alcalde Manuel Muíño Espasandín, e as irmáns Olga e Teresa Rojo Valiña nun convenio de cesión de diversa documentación sobre Enrique Labarta Pose ao Concello de Zas. Olga e Teresa conservaron ata agora este legado que herdara o seu irmá José Rojo, "Pepe Valiña" e que agora o Concello de Zas se encargará da súa conservación, exposición, difusión e estudo.

A cesión inclúe varios libros orixinais de Labarta Pose, tales como “Última novedad”, “Bálsamo de Fierabrás”, “Adormideras”, entre outros; revistas (Galicia Humorística, Pasatiempos, Galicia Moderna,…); mecanoscritos; diversos documentos tales como un poster de Enrique Labarta Pose incluíndo o seu poema “Libertad”, varias tarxetas postais de Jabier Pintos ao escritor baiés, artigos xornalísticos,… e manuscritos.

sinatura-convenio

O xardín das Torres do Allo foi o lugar elixido para o acto de sinatura ao que tamén asistiron Jorge Mira, portavoz da Comisión Labarta Pose; e Chema Rei, encargado da catalogación da documentación.

 

Novas relacionadas

Comentarios