Sábado. 21.09.2019
El tiempo
Manuel Vilar
Manuel Vilar
Licenciado en Xeografía e Historia e máster en Xestión de Patrimonio Cultural. O seu labor profesional desenvólvese no campo da antropoloxía e patrimonio, comisariando exposicións, como a que se realizou en 2012 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) con motivo do terceiro centenario do arquitecto Domingos Antonio de Andrade. Autor de diferentes publicacións sobre estes temas, así como sobre A Costa da Morte e o camiño de Santiago, especialmente o de Fisterra e Muxía

Natural de Muxía, é licenciado en Xeografía e Historia e máster en Xestión de Patrimonio Cultural. O seu labor profesional desenvólvese no campo da antropoloxía e patrimonio, comisariando exposicións, como a que se realizou en 2012 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) con motivo do terceiro centenario do arquitecto Domingos Antonio de Andrade, ou a realizada no 2006 sobre a figura de Antonio Fraguas. Tamén formou parte dos equipos dos arquitectos Crecente Asociados e César Portela nos traballos de delimitación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, do Plano Director da Península do Cabo de Fisterra e do Plano Director do Monte de Santa Trega, Camiño Inglés e Camino Lebaniego, entre outros. Igualmente é autor de diferentes publicacións sobre estes temas, así como sobre A Costa da Morte e o camiño de Santiago, especialmente o de Fisterra e Muxía. Un traballo, titulado El camino al fin de la tierra, mereceu, no ano 2010, o premio da Asociación Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación de los Caminos Jacobeos. Actualmente é profesor de Historia no ensino secundario.