Carnota leva á rede o seu museo arqueolóxico aberto
          
    08:37 20/02/16 
            
 Unha páxina web recolle a información sobre o patrimonio arqueolóxico de Carnota
En Carnota xa é unha realidade chegar cun só click ata a Idade do Bronce percorrendo así máis de 3.000 anos de historia. museoaberto.carnota.gal é unha web, promovida polo concello carnotán, na que se atopa información de cinco dos sete conxuntos de arte ruprestre do municipio, da Torre dos Mouros e do Castro de Mallou.
Cada un dos restos arqueolóxicos conta cunha galería de imaxes, unha descripción e unha explicación de como chegar ata el. Dende a páxina web - dispoñible en galego e castelán - o navegante pode visitar A Laxe Escrita, As Laxiñas, Filladuiro/Filladouro, Prousos Magos, Rego Lamoso, A Torre dos Mouros e o Castro de Mallou.
Desta forma, o concello de Carnota e a implicación social consiguen poñer en valor o rico patrimonio arqueolóxico do municipio. Mostra diso foi o pioneiro proxecto Castro de Mallou que, grazas a un programa de voluntariado posto en marcha no ano 2013 conseguiron implicar a unha gran cantidade de veciños e veciñas, así como arqueólogos e outros expertos na materia que participaron de forma voluntaria durante dez días nun programa de recuperación do monumento.
 
Máis información
 
 
Novas relacionadas
- Carnota adícalle unhas xornadas ao voluntariado arqueolóxico
 - O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social
 - O Castro de Mallou xa vive.
 - O Castro de Mallou, o novo Proxecto dos Mouros.
 - Carnota repetirá viaxe de Castros a Castelos tralo rotundo éxito das Xornadas.
 - Fósiles no Monte Pindo?.
 - A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo.
 - Herdeiros pola Forza: O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
 - Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
 - A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
 - Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 - Concello de Carnota