Imprimir

3 novos permisos de percebeiro en Mapica

que pasa na costa | 07 de febreiro de 2012

A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de convocar 3 novos permisos de explotación para a confraría de pescadores de Malpica dirixidos á extracción de percebe para o marisqueo a pé.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, na orde pola que se regula a extracción do percebe e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende hoxe, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da xefatura territorial e na páxina web da Consellería conselleriamar.xunta.es.

A

s solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/3-novos-permisos-de-percebeiro-en-mapica/20120207061507069747.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia