Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de rock, memoria, patrimonio e verbenas

Imaxe do Castelo Rock do ano pasado-Foto-Olalla Dopico Carrón
Unha #AxendaCostadaMorte de rock, memoria, patrimonio e verbenas

Completa fin de semana esta última do mes de xullo, cunha variedade absoluta de eventos. Dende o rock de Muros, á cita medieval nas xornadas Encaixe do Camiño, pasando por visitas guiadas, sesións de patrimonio ou ducias de verbenas.

Parte meteoróxico

Hoxe venres haberá algo de melloría sobre todo ata media tarde, cando chegará unha fronte que deixará algunha chuvia cara a noite e a madrugada, e tamén durante a mañá do sábado. A tarde do sábado teremos ventos moderados do nordés que irá movendo as nubes. O domingo será unha xornada de praia, á espera dunha nova fronte que chegará pola noite, con algún chuvasco que durarían ata a mañá do luns. 
A partir de aí, de cara á fin de semana, parece que teremos tempo de verán. 

Festival Castelo Rock

Unha das citas máis importantes da fin de semana ten lugar no peirado de Muros. O XVI Festival Castelo Rock chega con máis forza que nunca, con dous días de música de primeiro nivel.
Como peche, o domingo, a Ximiela trae o seu espectáulo Raigame por fin á vila.

Encaixe no Camiño

Cal feira medieval se presenta esta primeira edición do evento O Encaixe no Camiño, con 3 días de mercado, artesanía, e mesmo desembarco.

Festas

Venres

Sábado

EXPOSICIÓNS

  • Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios