Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros tiveron que sufocar dous incendios en vivendas case consecutivos

Incendio nunha vivenda da Costa do Carrizal
Incendio nunha caseta-vivenda da Costa do Carrizal
Os Bombeiros tiveron que sufocar dous incendios en vivendas case consecutivos

Cinco incendios en vivendas leva a comarca de Bergantiños neste mes de febreiro. Foron dous, practicamente consecutivos, os que tiveron lugar onte, luns 25 de febreiro, na Costa do Carrizal, Coristanco, e outro no centro de Carballo.

Eran as 14:00h candos os Bombeiros de Carballo recibían o primeiro aviso polo incendio en vivenda no lugar de Costa do Carrizal numero 9B, parroquia de Ferreira no Concello de Coristanco. Era unha especie de contenedor ou caseta grande de obra de fibra habilitada como vivenda, que ardendo por completo.

A caseta era de fibra e no seu interior parecia ter unha cociña e no centro un baño. Os Bombeiros procederon á extinción cunha linea de alta presión. Despois de enfriar un pouco a estructura procederon a rematar a sofocación con espuma B-940 . Tamén se regou todo o perímetro da zona donde estaba a caseta xa que ardeu un pouco de maleza e monte nas suas proximidades.

Incendio en Carballo

Incendio na Rua da Estrela de Carballo

Sen tempo a descansar, apenas hora e media despois, recibían unha nova chamada do 112 por un novo incendio en vivenda, desta volta no 5º piso na rua Estrela portal 25-27, no centro de Carballo. Cando chegaron os Bombeiros xa non había lume, pero si que moito fume debido ao incendio e o polvo dos extintores que se usaron para apagar o incendio.

O foco do incendio estaba situado en unha cociña ubicada en unha terraza estreita pechada con teito e ventanales, na cal ademais da cociña de gas, había moitos enseres e unha caldeira de calefacción.

Os Bombeiros confirmaron a extinción e ventilaron naturalmente todo o inmoble, pechando a a acometida de entrada de gas do piso afectado, xa que as canalización do gas que discorrian pola terraza que foi afectada polo lume estaban bastante danadas. A zona mais danada foi a terraza cuberta donde se orixinou o lume e o resto do inmoble veuse afectado por fume e polvo dos extintores empleados na extinción do lume.

O matrimonio que vivía na vivenda tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña por inhalación de fume.

Novas relacionadas

Comentarios