Imprimir

Comeza o outono na #AxendaCostadaMorte

que pasa na costa | 20 de setembro de 2019

A Ruta dos Pazos de Zas é unha das actividades estrella da fin de semana
A Ruta dos Pazos de Zas é unha das actividades estrella da fin de semana

Pasou a Barca, acabou o verán, aínda que o remate oficial será o luns 23. E vaia se o nota a #AxendaCostadaMorte, que comeza a centrarse nas actividades culturais e deixa atrás a época do verbeno. Así e todo, esta última fin de semana de verán trae algunha festa orquesteira, ademais de varias andainas, concertos ou unha feira.

Unha Axenda que pasa, o venres, pola Noite Violeta, convocada en Cee e Carnota pola Emerxencia Feminista declarada pola sociedade civil tralo triple asasinato machista de Valga. 

Parte de Meteogalicia

Albíscase o outono para esta fin de semana, cun claro empeoramento das condicións meteorolóxicas. O venres teremos unha mañá de néboas, máis húmida e fría, se ben durante a parte si que se irán abrindo algún claro cara o interior.
O sábado unha fonte activa vaise achegar á comunidade e vai deixar chuvias xa pola mañá de intensidade moderada, pero con momentos de chuvia forte. Pola tarde quedarán en forma de chuvascos intermitentes, pero volverán ser fortes na noite do domingo, que será un nvo día de nbes e chuvascos, máis abundantes pola mañá.
As temperaturas baixarán, sobre todo o domingo. Na noite do venres ao sábado vai aumentar o vento, deixando ventosfortes do sur na mañá do sábado.

Feirauto

Unha das citas da fin de semana chega en clave de feira. A Feira de Automóbil de Baio, unha das máis potentes de Galicia, abre o venres e non pecha a súa exposición de coches de ocasión ata o domingo.

Outras citas singulares

- O venres Íntegro celebra o Día da Inclusión cunha Andaina en Camariñas. Ademais, o domingo terá lugar un roteiro solidario “Ponte no meu sitio”, por Laxe.

- A do venres será a Festa do Fin do Verán en Carnota, pensada para as familias.

- A noite do venres será de Teatro con Lolo&Mamá en Santa Comba.

- Zas organiza para para a tarde sábado unha interesantísima Ruta dos Pazos.

- Por Muxía, a Casa de Trillo acolle unha saudable Festa do Bo Vivir.

- Un dos momentos da fin de semana será o sábado co concerto de Mateo Arnaiz na capela do IES Fernando Blanco, no marco do programa Espazos Sonoros.

- En Lires, o Bar A Braña acolle o sábado o concerto, en clave de cantautor, de Ricardo Parada.

- A Galería Garabato de Carballo acolle este sábado a inauguración da exposición Photografismos de Eduardo Ermida.

- O domingo será cita para disfrutar dunha Andaina reivindicativa pola lagoa de Alcaián (Coristanco).

Festas

De xoves a domingo, por Vimianzo teñen lugar as Festas de Fátima de Cambeda.

- Corme acolle as Festas dos Remedios que inclúen unha simpática Festa de Fin de Ano con uvas e champaña para a medianoite sabatina.

- O sábado e o domingo terán lugar as Festas de Trasufre (Muxía).

- A parroquia carballesa de Rus celebra sábado e domingo as Festas de Santa Eufemia e San Mateo.

 

EXPOSICIÓNS

  • Exposición dos maiores de Marcos Rodríguez en Liresca.
  • O Faro Vilán acolle a exposición de pintura de Patricia Suárez Arén durante o mes de setembro.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición de Mon Lendoiro ata o 31 de outubro, de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • A Galería Garabato de Carballo acolle a exposición Photografismos de Eduardo Ermida dende o sábado 21 de seyembro ata o 30 de outubro.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/comeza-outono-axendacostadamorte/20190920072404113149.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA