A Romaría da Virxe da Barca é a Festa das Festas. E a verdade é que protagoniza boa parte da atención romeira e festexeira da fin de semana neste ecuador do mes de setembro. Pero hai moitas máis cousas como a Barquiña de sempre, a Festa da Pataca de Coristanco, o Festival Xiria Pop, o Carballo Food Trucks e outra marea de actividades.
O venres teremos un tempo seco e soleado, pero con vento forte do nordés, aínda que se manterán as boas temperaturas destes días. O sábado será un día de alternancia con nubes e claros, e o domingo fica a posibilidade de que caia algunha treboada, pero que serán máis probables no interior.
Xa coñecedes o programa completo de verbeneo, de venres (Panorama o venres, París de Noia o sábado e Os Satélites o domingo) a luns (día dos lugareños), tendo en conta que o gran día, o da Romaría é o domingo.
A XXXIX Festa da Pataca de Coristanco volve con máis forza ca nunca. Degustacións, desfile e concurso de tractores engalanados, exposicións, concertos... Unha fin de semana para disfrutar dun dos produtos estrella da Costa da Morte.
En clave gastronómica, pero algo máis moderna, podemos facer para no Carballo Food Trucks, unha innovadora proposta coas mellores cociñas itinerantes de Galicia, música e postos de artesanía.
Deberían chamarlle Barcaza en Ponteceso, porque arman 5 días de troula máxima. De venres a martes non parará a verbena de armar kilombo.
Ademais, as actividades familiares propostas polo MELGA son verdadeiramente interesantes.
Un nivelazo espectacular para un dos mellores festivais de pequeno formato (dase na Sala Dublín de Carballo) de toda Galicia. Bandas de todo o planeta dan de Carballo a capital do pop-garaxe-punk durante as noites de venres e sábado.
- Venres e sábado celébranse as Festas das Dolores de Carnota.
- Venres e sábado tamén hai verbena nas Grandes Festas de Castriz.
- O sábado e o domingo, tamén en Santa Comba, celébranse as Festas da Nosa Señora dos Milagros de Santa Catalina.
- O sábado e o domingo toca en Mazaricos, na Festa das Dolores de Colúns.
- O venres hai cita co Cine de Verán de Fisterra na Praza da Constitución e o sábado hai documental na Casa do Concello.
- A sesión vermú do sábado volve ser en clave cultural, coa inauguración da exposición de Mon Lendoiro en Stoupa, Cee.
- O sábado, a partir das 20:30h, a Braña, en Lires, acolle o concerto de Malasombra Jazz.
- Esta era a fin de semana do Asaghieiras Master Festival, que tivo que ser suspendido, pero algunhas bandas como Almánimal ou Adhara&Ritman non queren desaproveitar de tocar na casa e armaron un concerto no o sábado no Bar Miche de Carnota.