Imprimir

Corcubión únese á loita contra a Emerxencia Climática

Redacción | 25 de setembro de 2019

Unha das imaxes do repositorio audiovisual das manifestacións por todo o mundo ante a Emerxencia Climatica
Unha das imaxes do repositorio audiovisual das manifestacións por todo o mundo ante a Emerxencia Climatica

Dentro da ”Semana de folga global polo clima”, Boca de Sapo, comunidade ecosocial e cultural con base en Corcubión, quere desenvolver unha serie de accións tanto no eido escolar, como fixeron no mes de maio, como no eido social. c

Por unha banda, co obxectivo de axudar a dinamizar o debate sobre a urxencia climática dentro da comunidade escolar teñen habilitado un repositorio audiovisual que alberga 150 imaxes das manifestacións e accións que se están levando a cabo durante esta semana nas distintas partes do mundo. Este repositorio de imaxes móstrase mediante un proxector na biblioteca do CEIP Praia de Quenxe en horario escolar desde o luns 23 ata o venres 27.
Durante os recreos permanece aberto e dispoñible ao alumnado e un profesor/a do centro garda o lugar e atende as preguntas e dúbidas do alumnado. Os e as docentes que así o desexan visitan a biblioteca para mostrar o material ao alumnado e debater con eles e elas a problemática ante a que nos atopamos.

Proxección pública

Doutra banda, co obxectivo de dar visibilidade a estas movilizaciones globais e xerar conciencia e debate tamén entre os veciños e veciñas de Corcubión programouse unha proxección pública deste repositorio de imaxes na praza principal da vila, Praza de Castelao, o venres 27 ás 21:00h. Algúns dos membros da comunidade Boca de Sapo estarán dispoñibles para conversar, debater e responder ás preguntas e cuestións dos veciños e veciñas.

Ademais, María Bella, membro da comunidade ecosocial publicou un artigo de reflexión no diario digital QPC suxerindo camiños polo cambio.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/corcubion-unese-loita-emerxencia-climatica/20190925103525113297.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia