Imprimir

A Deputación e o Concello de Cee salvan o Museo Fernando Blanco ante a escapada de Ferroatlántica

que pasa na costa | 30 de agosto de 2019

Gonzalez Formoso con Margarita Lamela
Gonzalez Formoso con Margarita Lamela

A entidade provincial colaborará coa reforma dos vestiarios e a traída de auga no campo do San Paio de Refoxos

O Museo da Fundación Fernando Blanco sobrevive 36.000€ ao ano. 18.000 proceden do Concello e os outros 18.000 procedían de Ferroatlántica. Pero a escapada da multinacional deixou orfo ao Museo, polo que a alcaldesa e presidenta da Fundación, Margarita Lamela pediu o seu rescate á Deputación da Coruña.

Lamela explicou ao presidente a importancia histórica que para Cee ten a fundación, o museo e os fondos que nel se custodian, dende obras de arte coma cadros de Madrazo ou grabados de Calcografía Nacional a material didáctico e instrumental científico do século XIX.

O presidente da Deputación González Formoso comprometeuse a colaborar co sostemento este ano, e invitou a alcaldesa a que a Fundación solicite as liñas de subvencións de concorrencia competitiva existentes na área de Cultura da Deputación para museos e fundacións sen fins de lucro que desenvolvan unha importante labor de difusión cultural no territorio, dotada con 400.000 euros anuais.

Campo de Fútbol

Entre outras cuestións, a alcaldesa solicitou a colaboración da Deputación para reformar os vestiarios e levar a traída de auga ao campo de fútbol da localidade, no que adestran e xogan uns 400 rapaces do municipio, e que non conta actualmente con este servizo básico.
Formoso confirmou que a Deputación colaborará co Concello de Cee no financiamento das obras, ben a través dos fondos do Plan Único (polo que Cee recibirá arredor de 700.000 € este ano) ou dunha subvención nominativa que permita que o campo poda contar con suministro de auga.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/deputacion-concello-cee-salvan-museo-fernando-blanco-escapada-ferroatlantica/20190830081810112572.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA