Imprimir

As familias de Zas acoden á Valedora do Pobo para recuperar un servizo de pediatría digno

que pasa na costa | 04 de xuño de 2019

Familias de Zas na Valedora do Pobo polo servizo de pediatria 1
Familias de Zas na Valedora do Pobo polo servizo de pediatria 1
As familias de Zas acoden á Valedora do Pobo para recuperar un servizo de pediatría digno

Mentres o asunto non se resolve, e as familias de Zas non recuperan o servizo de 35 horas semanais de pediatría, cómpre non frear a mobilización. Téñeno claro dende a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría, conscientes de que se a cousa se enfría o máis probable é que o Sergas vaia esquecendo as nosas demandas.

Por iso, esta mañá acudiron a Santiago para pedirlle á Valedora do Pobo “amparo pola indefensión de non saber que pasará co servicio de pediatría no Concello de Zas e pola desatención dos nenos no caso dunha urxencia”.

Por ese motivo, fixeron entrega dunha solicitude para manter unha reunión con ela e poder explicarlle a gran problemática que se está a vivir co servicio de pediatría e para facerse valer os dereitos dos nenos a unha atención médica gratuita e de calidade.

Novas relacionadas

Máis novas

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/familias-zas-acoden-valedora-do-pobo-recuperar-servizo-pediatria-digno/20190604115603110285.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA