Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Farándula Velutina suma novos premios para o teatro costeiro

Farandula Velutina Xuventude Crea
Farándula Velutina no certame de Xuventude Crea
Farándula Velutina suma novos premios para o teatro costeiro

A semana pasada dabamos conta do premio que levou o grupo ceense Tuéjele Teatro. E hoxe focalizamos os nosos parabéns no grupo veciño "Farándula Velutina”. O grupo de teatro afeccionado pertencente á Asociación Cultural "As nove musas" de Corcubión, vén de acadar un novo premio: Premio á Mellor Creación Artística con Temática Social, na XVII edición dos Premios Buero de Teatro Joven, polas obras, "Papiroflexia" e "Animais de compañía", ámbalas dúas do autor Fernando Castro Paredes, o galardoado profesor do IES Fernando Blanco, e dirixidas por el mesmo xunto a Marina Gómez Pose.

Percorrido

Farándula Velutina é o seguinte paso de Tuéjele, pois os Andrea Rodríguez Trillo, Carmen López de Ramón, Cristina Martínez Rojas, Elisa Lema Gómez, Manuel Costa Romero, Marcos Rodríguez Úbeda e Vanessa Costa Pequeño xa formaban parte do grupo escolar.

En 2018 nacían nun acto organizado pola asociación feminista Buserana con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. En febreiro de 2019 interviu na presentación da bala, obra A derradeira bala, de Fernando Castro Paredes, un dos membros do grupo, gañadora do” I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño”, coa posta en escena dun fragmento da peza.

A compañía foi así mesmo a encargada de presentar a gala de entroido do concello de Corcubión. En xullo de 2019 participou xunto cos especialistas de Hípica Celta, na recreación do Desembarco das Tropas do Arcebispo de Luna, no marco do XIX Mercado Medieval da Costa da Morte. No mes de agosto colaborou en dúas ocasións, xunto con Tuéjele Teatro, coa Banda Municipal de Cee, cunha dramatización do conxuro da Queimada no marco da peza Suite Galaica . A primeira vez foi co motivo do IX Memorial Manuel Rebollar, e a segunda, no marco das festas na honra da Virxe da Xunqueira.

Tanto con “Papiroflexia” como con “A cantante calva” ou “Lavandeira”, teñen gañado numerosos recoñecementos.

Novas relacionadas

Comentarios