Venres. 29.03.2024
El tiempo

A fervenza do Ézaro queda sen iluminación nocturna na Semana Santa por mor das obras

Non habera iluminacion nocturna na Fervenza do Ezaro na Semana Santa 2019
A fervenza do Ézaro queda sen iluminación nocturna na Semana Santa por mor das obras

O ano pasado foi a auténtica estrella da nosa Semana Santa. Pero este ano, durante as datas de festa, unha das épocas de maior impacto turístico do ano, a Fervenza do Ézaro non poderá lucir como nos ten acostumado. As importantes obras de construcción da pasarela de accesibilidade impedirán un dos meirandes espectáculos da comarca.

Unha obras, formadas por 2 proxectos de case un millón de euros, que transformarán a contorna. Ademais da mellora do acceso, en clave de accesibilidade, realizarase unha pérgola-praza cuberta, que permitirá dotar dun espazo que sirva de antesala ao espazo natura, coa creación de puntos de venta temporal.

A fervenza convertirase nunha “área de ocio e descanso, desde a que se pode contemplar a inusual beleza da zona e, ata, tomar un refrixerio ao aire libre, servindo de ámbito de reunión e de actividades culturais propias do concello“.

Novas relacionadas

Comentarios