Imprimir

Fin de semana de arte e poesía no Garabato

que pasa na costa | 13 de febreiro de 2020

Esta fin de semana o Estudo Garabato presenta dous actos, cheos de poesía e de arte.

O sábado 15, ás 21:00h, toca inaugurar a exposición "Desmemorias" de Seve Álvares. Unha mostra de 14 láminas artesanais, dando a súa visión do século pasado e dalgúns feitos que merecen ser recordados. O Auto, ilustrador autodidacta nado en Redondela e afincado en Arteixo, leva toda a vida “garabateando” co seu personalísimo trazo.

Xa o domingo 16, ás 20:00h, despois da súa presentación en Fisterra, Modesto Fraga trae a súa antoloxía "Poesia amorosa escollida”, con Xosé Antonio Andrade como presentador do evento. O libro belingüe (castelán e galego) recolle os mellores poemas de amor do autor.

NOVAS RELACIONADAS

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/fin-semana-arte-poesia-garabato/20200213113556117417.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia