Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fin de semana de torneos de base pola Costa

Torneo EF Concello de Carnota
Fin de semana de torneos de base pola Costa

Torneo_f7-Ouis Calvo Carballo Alevin 2019

Esta fin de semana, ademais das competicións sénior aínda vivas, teremos unha marea de torneos de fútbol base pola volta. As Eiroas, Fontenla, Lombáns, O Carral, O Cairo e Xaviña acollerán importantes citas para fomentar a nosa canteira.

Torneo Luís Calvo

O torneo dos torneos tamén ten lugar esta fin de semana, dende as 10:00 do sábado ata a tarde dominical (o domingo empezan ás 11:00). O Campo de Fútbol As Eiroas volverá a acoller unha nova edición, e xa van 15, do Torneo Internacional Alevín de Fútbol Concello de Carballo Memorial José Luis Vara Oliveira, xa todo un referente a nivel nacional.

Estarán en Carballo equipos como Sporting de Gijón, Athletic de Bilbao, Deportivo, Celta, Xuventude Oroso, Atlético de Madrid, o anfitrión- Escolas Luis Calvo Sanz- e o vencedor das dúas últimas edicións, o AFA Angola.

Torneo no Carral

Sabado no Carral co torneo biberon e Prebenxamin da SD Sofan

Despois do exitoso torneo da semana pasada, a SD Sofán vai pechando o curso e faino agora co torneo das categorías prebenxamín e Biberón. Durante a mañá do sábado, os máis pequechos disfrutarán dun evento de máximo nivel.

III Malpica Vidu Cup

Cartel III Malpica Vidú Cup

A cita será o sábado 8 de xuño, e se dispersarán os partidos entre o campo do Cairo, de Corme, e o de Xaviña de Buño, no que participarán os seguintes equipos: Pontevedra CF, da SD Compostela, do RC Deportivo da Coruña, do Bergantiños CF, do Racing Club de Ferrol, do GD Chaves, da Selección da Costa e da Selección Coruñesa.

Xallas Cup

Xallas Cub en Xuno 2019

Por Fontenla, Santa Comba, celébrase a Xallas Cup, nas 4 categorías de F8. O programa é completito:

Xallas Cup Programa sabado 8 de xuno 2019Xallas Cup Programa domingo 9 de xuno 2019

Torneo en Carnota

Torneo EF Concello de Carnota

A Escola de Fútbol de Carnota prepara o sabado 8 de xuño no campo de fútbol de Lombáns, para as categorias prebenxamin, benxamin e alevin. Neste torneo haberá 21 equipos das 3 categorías, como son o SD Fisterra, Camariñas, laxe..entre outros e alguns da zona de santiago como o Noia CF, Amio SD e E.F. Boqueixon.
O horario do mesmo sera desde as 10:00 ás 21:00.

Ademais a escola carnotá aproveita para enviar o cartel da apertura do prazo de inscrición diridixo da Biberóns (anos 2014/2015/2016), prebenxamíns (2012/2013), benxamíns (2010/2011), alevíns (2008/2009) e como novidades este ano van intentar xuntar xente para ter equipo Infantil (2006/2007) e cadete (2004/2005). O prazo de inscricion abreuse o 27 de Maio, e para mais informacion ou para inscribirse, pode facerse no correo: [email protected]; e nos telefonos 981857032 / 660830982.

Escolas de Futbol Concello de Carnota

Comentarios