Imprimir

A final da Copa da Costa F8, a gran festa do fútbol base nas Redondas

que pasa na costa | 13 de maio de 2019

Os rapaces do Fisterra foron os grandes protagonistas da fase final da Copa da Costa F8 das Redondas. Na imaxe recibindo a copa de campións da man do presidente do Cabana
Os rapaces do Fisterra foron os grandes protagonistas da fase final da Copa da Costa F8 das Redondas. Na imaxe recibindo a copa de campións da man do presidente do Cabana

Espectacular o ambiente que se viviu durante toda a xornada do sábado nas Redondas. A fase final da Copa da Costa de F8 reúne nun campo aos mellores do curso en categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín, convertindo a xornada nunha auténtica festa do fútbol base costeiro.

A emoción estivo presente dende primeira hora da mañá, por exemplo cando o Corcubión e Esteirana se colaban na semifinal Alevín ao vencer nos penaltis a Dumbría e Xallas.

Finalmente o Fisterra foi o gran triunfador da tarde, con dous títulos, en Prebenxamíns (completando así o doblete) e en Alevíns, no momento máis intenso da noitecunha tanda de penaltis de infarto que vivimos en directo, e que podedes volver a ver, no Fb de Fútbol da Costa.

Ademais, o Outes proclamábase campión en Benxamíns completando un cadro de títulos esta campaña espectacular, pois xa foron campións das Fases Finais ligueiras e Alev. e Benx,, e agora, campións da Copa en benxamíns.

Mágoa a coincidencia coa fase final provincial do programa Xogade, que impediu aos rapaces de Vimianzo e Ponteceso disputar unha final que venceran no campo. Así e todo, diferentes foron as reaccións de ambas entidades. O EDM Ponteceso retirouse da Copa unha semana antes permitindo que o pudese disputar a final, e ademais se presentou pola tarde para recibir o trofeo como campión de Liga. Polo bando contrario, o EMF Vimianzo non presentou a súa renuncia impedindo que o equipo das Baleas puidese competir. En todo caso, ambos conxuntos tiveron un papel fantástico na fase provincial.

Copa da Costa 2019 - Copa F8

Imaxe da final entre Dumbria e Outes da Copa da Costa f8

A Esteirana No descanso da final da Copa da Costa de F8

Outes tamen foi campion da Copa da Costa F8 2019Dumbria recollendo trofeo da Copa da Costa F9O Fisterra foi o gran triunfador da Copa da Costa F8Esteirana recollendo titulo da Copa da  Costa F8

Foto de familia da Copa da Costa F8 nas Redondas
Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/final-da-copa-da-costa-f8-gran-festa-do-futbol-base-nas-redondas/20190513120128109611.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA