Imprimir

Galicia ollou, dende Lira, os “Mares da Fin do Mundo”

que pasa na costa | 01 de decembro de 2019

Boa acollida á Mostra Mares da Fin do Mundo de Carnota
Boa acollida á Mostra Mares da Fin do Mundo de Carnota

Fin de semana de cinema documental na Costa da Morte. Falaremos ao longo da semana da cita co cinema etnográfico galego que tiña lugar en Corcubión. Pero con maior foi a II Mostra Internacional de Cinema Documental "Mares da Fin do Mundo”. A Lonxa Vella de Lira vestiu as súas mellores galas para esta cita que vincula a pesca artesanal da mesma Costa da Morte, co cambio climático a nivel mundial. Ese dobre enfoque, mirando ao mundo dende unha perspectiva tremenda focalizada, convírtea nunha Mostra de especial relevancia.

Unha cita herdeira da experiencia da Reserva Mariña dos Miñarzos (incriblemente esquecida polas administracións) que puxo a Lira no mapa da pesca artesanal internacional.

Carlos Prado, Xacobe Melélendrez, Manuel Lógar e Marcos Gallego Mostra mares do Fin do Mundo de Carnota 2019
Carlos Prado, Xacobe Melélendrez e Manuel Lógar, xunto ao director da Mostra, Marcos Gallego 

O venres comezaba a Mostra coa sección galega, e a presencia dos directores tres das catro películas proxectadas: Xacobe Meléndrez, director de "No borrar da memoria", Carlos Prado, director de "Homes de Xeo", e Manuel Lógar, director de "Entre a onda e a rocha". Cada un deles presentou o seu filme e atendeu ás preguntas dos asistentes, mentres que a Adrián Canoura, creador de “Salitre nas veas” só puido achegarse o sábado.

O sábado a sesión comezada coa entrega de premios do Concurso de Fotografía Mariñeira (Antonio Nodar foi o coordinador do xurado). O primeiro premio levouno Manuel Alvedro Silveira (de Arteixo), por diante de José Antonio Lago (natural de Carnota) e coa proxección do vídeo resumo dos traballos realizados na Escola Mar de Lira.

Premio de foto de Mares da Fin do Mundo a Manuel Alvedro
Antonio Nodar, coordinador do xurado, Noemí Abajo e María Lago do Concello con Manuel Alvedro Solveira gañador do 1º Premio de fotografía

Premio Fotografia da Mostra Mares da Fin do Mundo de Carnota 2019
Noemí Abajo e Alianza Uhia, do Concello, fan entrega do segundo premio de Fotografía a Jose Antonio Lago

Dentro da sección internacional proxectáronse os seguintes filmes: "A onda da alma", de Sábastien Daycard-Heir e Bertrand Dévé (Francia), "Mulleres das augas", de Beto Novaes (Brasil), e "O remate da liña", de Rupert Murray.

Como peche final, tivo lugar o recital de poesía da man de poetas locais de gran relevancia como Francisco Fenández Naval, Alexandre Nerium, Xosé Iglesias, María Lado e Manuel de Lago.

Xose Iglesias no recital poetico da Mostra Mares do Fin do Mundo de Carnota
Xose Iglesias no recital poético da Mostra Mares do Fin do Mundo de Carnota

NOVAS RELACIONADAS

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/galicia-ollou-dende-lira-mares-da-fin-do-mundo/20191201210429115542.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA