Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Laracha inicia a contratación das obras de mellora do saneamento en Xermaña

Melloras no Centro Sociocultural de Paisaco gracias ao Obradoiro de Emprego
A Laracha inicia a contratación das obras de mellora do saneamento en Xermaña

Continúan os proxectos de saneamento na Laracha. O Concello iniciou o procedemento de contratación das obras de saneamento e de mellora viaria en Xermaña, na parroquia de Caión. O Concello instalará unha estación de bombeo para evacuar as augas residuais cara a rede xeral. A outra fase das obras consiste na mellora da rede viaria e inclúe actuacións en dous camiños de Xermaña, estando prevista a renovación da superficie de rodadura nun deles e, no outro caso, a pavimentación dunha pista que actualmente presenta un firme de terra. O proxecto está valorado en preto de 60.000 euros.

Capa de pintura para o Centro Sociocultural

O obradoiro de emprego A Laracha V continua realizando obras de interese. Desta volta, @s alumn@s-traballador@s da especialidade de pintura industrial está intervindo no Cetro Sociocultural de Paisaco. As actuacións comezaron nas diferentes salas do interior do edificio –centro social da terceira idade, biblioteca e aulas- e nas zonas comúns –recibidor, canón das escaleiras de acceso ao salón de actos, etc.-.

Esta especialidade de pintura xa realizara outras intervencións na Casa da Cultura, edificio administrativo e Casa do Concello.

Mentres, a outra especialidade, a de carpintería de madeira, centra a súa actividade na renovación da pasarela do paseo fluvial do Anllóns.

Comentarios