Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Congreso Modelo preséntase este xoves en Carnota

O Congreso Modelo preséntase este xoves en Carnota
Este xoves 3 de febreiro, na Casa Consistorial de Carnota, realizarase o acto de presentación do Congreso de Desenvolvemento MODELO. Este acto estará presidido por Andrés Hermida Tratoy, Director Xeral de Promoción do Emprego, e contará coa presenza dos alcaldes de Carnota, Corcubión e Vimianzo (onde se desenvolverá en marzo e abril), de Ricardo Garcia Mira, profesor da facultade de Psicoloxía e membro do comité científico do congreso, e Lola Pena, presidenta de Afiprodel. No acto presentarase o programa e as actividades do congreso e daranse a coñecer as comunicacións seleccionadas de entre as recibidas para ser expostas no congreso. O acto, que se iniciará ás 12:30, está aberto a todas as persoas que desexen asistir.

15 poñencias

Serán 15 as interesantes conferencias que se poderán escoitar no Congreso. Tras recibir 30 comunicacións, a directiva de Afiprodel escolleron as que consideran 15 propostas máis interesantes enmateria de desenvolvemento rural. Entre elas, unha das máis singulares, poderá ser a conferencia inaugural, que chegará da man de Rubén Lois, ex conselleiro de Turismo pero foi vencellado ao desenvolvemento local.

Máis información e inscrición

O procedimento para participar neste apartado está recollido na web www.afiprodel.org e en congreso.afiprodel.org.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios