Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferentes: Arbitraxe ou demanda xudicial

Preferentes: Arbitraxe ou demanda xudicial

Seguimos repasando a actualidade do fraude das Preferentes trala reunión mantida en Camariñas a pasada semana. Unha reunión da que xa apuntamos tamén as comprometidas palabras de Castellanos aos Afectados das Preferentes e que hoxe seguimos analizando en clave de saída.

I é que queremos repasar as dúas posibles vías de resolución: Demanda vía xudicial ou arbitraxe.

Demanda xudicial ou arbitraxe

Ana Cedeira, da Coordinadora da Coruña, contou que "o 85% dos que cobran por arbitraxe deixan o seu diñeiro no banco, propónselles un depósito". E sobre os rumores de se a entidade será liquidada, di que "iso son só rumores que eles teñen un bo proxecto e pensan continualo".

Comentaron ademais que nestes momentos a Coordinadora coruñesa está facendo as chamadas para a aceptación da arbitraxe por axilizar as cousas pero lle envian as cartas a consumo.

Cedeira explicaba en Camariñas que "podemos presentar demanda xudicial e arbitraxe ao mesmo tempo, o feito de chegar a demanda non significa que se paralize a arbitraxe. Se somos seleccionados para a arbitraxe e aceptamos debemos parar a demanda e xa está".
Iso si, é moi importante mandar xunto coa solicitude toda a documentacion que podamos achegar, contrato, ordenes, Mifid, etc , pero "o máis importante é contar ben como che venderon o produto, o teu nivel de estudos, os teus coñecementos e se houbese algunha minusvalía certificala".

Unha vez chegada a solicitude piden os nosos expedientes ás sucursais ou aos arquivos onde esten, depende das emisións.
Utilizan diferentes criterios para a seleccion, idade, renda que recibimos(só poden saber se temos alli a nómina), nivel de estudos,discapacidade intelectual, etc.
Dan prioridade aos casos onde hai erros visibles inmediatamente, contratos sen asinar, menores de idade, firma con pegada dáctilar, invidentes, testMifid totalmente erróneos. Isto significa que poidan ser aceptados afectados que solicitan a arbitraxe fai poucos dias e outros aínda non se lles contestou.

Trámites lentos

Apuntou que "non contestaron a ninguén que non foi aceptado nunca ata o momento, xa que logo os que presentaron fai meses non perdan a esperanza porque se están revisando os casos. Non lles puxeron limite de tempo para a arbitraxe, pero consideran que debe estar listo antes de finais de ano".

Límites

Tamén comenta que "non hai límite no nominal para ser admitidos, pero se teñen en contan que se a cantidade é moi alta deben pescudar ben de onde procede, porque consideran que se é de actividada profesional porque tes unha renda moi alta tamén debes saber que investimentos fas, agora hai casos con cantidades altas de persoas con baixo nivel de estudos que a cantidade poida proceder de herdanza ou venda dalgunha propiedade ou casos como retornados da emigración entón non considerarian estas persoas investidores".

Arbitraxe

Así mesmo, Suso Santos, coordinador da plataforma do Morrazo, informou do estado do proceso de arbitraxe. A datos de 3 de outubro, estas son as cifras:

  • Solicitude de arbitraxe cursadas: 26.744.
  • Casos resoltos e favorables: 3.961.
  • Casos pendentes de confirmación de laudo: 947.
  • Peticións de arbitraxe presentadas: 29.784.
  • Enviadas para estudio ou proposta: 26.744.

Demanda Xudicial

“A demanda xudicial presentouse pola fiscalía o día 4 de xullo e foi prantexada a un proceso por intereses difusos, non individualizados ata o momento da sentencia, onde cada caso se ceñirá a mesma. Fíxose só coas participacións preferentes por eficacia dos recursos cos que conta a fiscalía. Pretendíase axilizar e simplificar os tramites xudiciais diferenciando quenes son inversores dos que son aforradores. En calquera caso poderanse presentar demandas individuais. Chegado o caso teríase que reforzar o xulgado con recursos humanos e materiais. Aínda que a demanda sexa colectiva a sentencia levaría a unha execución individual.

Apuntou que "o auto do xulgado, por temor á globalidade da demanda de 43.000 afectados, é moi restrictivo. Foi admitida a petición de cesación da comercialización, e desestimada a petición de nulidade dos contratos e a petición de resarcimento así como a fianza. A fiscalía ten agora ata o 18 de outubro para presentar recurso ante a Audiencia Provincia, para o que conta co apoio do Fiscal xeral do Estado. Os prazos para a resposta poden estar en torno a 2 ou 3 meses".

A situación agora é a seguinte:

  • "Se o recurso é admitido a demanda, continua o proceso e irá a xuizo".
  • "Se fose rexeitado estaríamos no suposto de aceptar a cesación, que según o fiscal debería levar implicar a nulidade dos contratos e a recuperación dos aforros, basearase na xurisprudencia do tribunal de 1ª instancia europeo.”

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, da man de Manuel González.

Comentarios