Imprimir

Volta ao cole

que pasa na costa | 18 de setembro de 2019

Imaxe da charla desta semana na sé de Baio
Imaxe da charla desta semana na sé de Baio

A mediados do verán había rumores do cambio de reglamentación dos adestradores, e fai uns días eso quedou confirmado.

Na tempada 21/22 será obligatorio o nivel 2 para adestrar na Liga da Costa e quedando o nivel 1, o novo (UEFA B) para dirixir os equipos que militen na 3ª Galicia.

Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso se algún quere dar o paso, ademais da Coruña, para os da Costa facilitan o destino de Coristanco.

Este cambio vai ser un golpe duro para a maioría dos adestradores que actualmente están dados de alta, como calquera materia de estudo loxicamente que avanzar en el faite ser mellor, e ter máis recursos para poñer en práctica tanto nos adestramentos, como despois sobre o verde formular os encontros a desputar.

O máis habitual en esta zona e tomalo como un "hobby " e non seguir avanzando nos niveis, sempre hai excepcións claro, que por tempo e mirando para o futuro, ven unha posible carreira de adestrador. Pero a Federación como organización, tamén ten que mirar polas súas arcas económicas, e creo que pensaron que nese punto estaban perdendo beneficios. Agora medio obrigando a que todas esas persoas co nivel 1 se apunten ao 2 para seguir incluso nos seus respectivos equipos, facendo que só valga para 3ª, que por certo na Costa é unha liga que cada vez vai a menos e chegará un momento en que desaparezca, por falta de número de equipos suficientes para ser medianamente competitiva.

Os equipos tamén sufrirán ese cambio, primeiro no deportivo, quizais teñan que cambiar de míster aunque os obxectivos estén cumplidos, e despois tamén economicamente, ahora hai un amplo abano onde poder elexir e intentar pactar un soldo beneficioso para ambas partes, pero se o círculo se cerra, e chegamos a moita demanda e pouca oferta esa cuantía subirá e con toda a razón tamén é un gasto e inversión que fixo dita persoa.

A miña opinión e que estábamos ben así, que se só che interesa adestrar en 3ª ou 2ª debería chegar ese nivel básico, e despois para 1ª, Preferente e xa profesionais pois loxicamente ter o nivel 2 e 3.

 

Novas relacionadas

 

Outros artigos de Ángel Garrido

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/volta-ao-cole/20190918094747113098.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA