Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica

Tamara Torrado, Walter Pardo, Xaquí Fdez. Leiceaga e Manuela Álvarez
Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica

Walter Pardo, acompañado das edís María Manuela Álvarez Rey e Tamara Torrado Roel, recibía este pasado xoves ao portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga. Unha cita para pedirlle á Xunta que “abandone o sectarismo” e colabore na mellora da seguridade do Porto e no mantemento dos servizos público.

O pasado mes de febreiro o Parlamento ao completo para aprobaba unha iniciativa para eliminar os riscos de entrada, despois da presión da oposición ante o tráxico naufraxio do pasado mes de decembro. Un acordo que inclúe a dragaxe da dársena, mellorar a iluminación e alargar o espigón e o dique de abrigo, e que aínda está pendente de realizar.

Ademais, reclamoulle ao goberno galego “colaboración” e “unha actitude máis xenerosa” para apoiar aos concellos pequenos na prestación de servizos públicos, fundamentais para paliar a perda de poboación. Lembrou que “moitos concellos conseguiron xa que os gastos correspondentes aos centros sociais e educativos foran asumidos polo goberno galego”.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, lembroulle á Xunta a necesidade dun impulso ao parque empresarial, o apoio ao sector pesqueiro, a mellora do saneamento das parroquias, a creación dun novo Centro de Día ou o impulso do turismo, sinaladamente coa homologación de seguridade necesaria no Camiño dos Faros.

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios