Copa da Costa: O novo capo contra a 'Vecchia Signora'

01:04 19/06/17
O último gran derbi inédito nunha final da Copa da Costa, o Dumbría-Fisterra, chegará por fin nesta edición, tras unha apaixoante volta de semifinais; o campión de Primeira, que é un dos reis do torneo nos últimos anos, mídese a unha SD que de sete finais xogadas só levou dúas, como a Juventus na Champions League
Imaxe do encontro de onte no Conco
Dumbría 4-0 Ponteceso
Baba e Aarón, dos destacados
Ambientazo no Baíñas-Fisterra da Copa-Foto-Fran Pazos
A reconquista: ano II
Parece empeñada esta xeración da SD Fisterra e irlle poñendo os laureis ben verdes de novo ao seu escudo. Unha das entidades máis grandes da Costa gañaba hai un ano a Liga da Costa unha década despois, e case dúas volve a unha final de Copa. É dicir, un millenial nado cando o Mundial de Francia na Vila do Cristo non vira a Zidane gañar unha Copa do Mundo nin ao seu equipo levar un torneo do KO ou case da regularidade. Agora xa saben como o francés levanta títulos e como os verdes volven mandar na bisbarra. Non foi o de Vimianzo ante o Baíñas o mellor encontro posible (tamén foi detido pola inmensa calor). De feito, o axustado do encontro de ida fixo que os dous equipos foran moi conservadores, e as opcións chegaban por goteo. A mellor para os vimianceses, que vivían o día máis grande da súa historia, chegaba nunha acción de Pablo Muíño que Esteban mandaba demasiado alta con todo a favor. Pouco despois, era Joselu o que impedía que un Baíñas con reservas, pero moita fe se puxera por diante. Pouco a pouco, o oficio e a categoría impúxose con pouco que se organizou na medular. Breixo e Tati tamén dixeron o de "estamos aquí". Cunha previsión de táboas no intermedio o destino quixo que Braulio desfixera e refixera. O mito do Zas introduxo na súa propia portería un balón sen aparente perigo, mentres que intres despois igualaba nunha acción na que o sol cegaba ao gardamallas visitante. A ameaza de gol en contra final ao lixo voltou aínda máis conservadores a Baíñas e Fisterra nunha reanudación na que só houbo un gol e unha oportunidade. Bruno, esa illa mínima que parece orbitar ao contrario que o resto do universo, atopou un balón morto, fintou e fixo o segundo para un Fisterra que con ese tanto aseguraba o pase a unha nova final. E a capacidade de réplica local era relativa e minimizada por un paradón inmediatamente posterior de Joselu, xa entre o 'jolgorrio' da 'tiffosería' visitante.
Baíñas-Fisterra da Copa-Foto-Fran Pazos


- Campo: O Conco
- Dumbría: Iván Bouzón, Tantán (Pablo m.73), Jose, Pablo Conde, Iago, Adrián (David Carreira m.85), Rivi, Martín (Charly m.80), Diego Cespón (Cristian m.55), Raúl Lestón e Aarón
- Ponteceso: Xurxo, Ismail, Matias, Javi Peón, Charly (Eloy min.46), Mendieta, Baba, Alberto Recarey, Nando, Dieguito (Mara min.83) e Yago (Charro min.70)
- Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.4 Adrián Makaay; 2-0 m.30 Martín; 3-0 m.82 Rivi, de penalti; 4-0 m.90 Raúl Lestón
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Baíñas: Maikel, Tantán, Braulio, Álex Canedo, Cristian, Chento, Esteban, Felipe, David Blanco, Jaime (Oreiro m.80) e Pablo Muíño
- Fisterra: Joselu, Piti, Breixo, Robertín, Fabián, Roco, Tati (Isma Leis m.90), Cote, Bruno (Jesús m.78), Roa e Adri (Pablo Lestón m.56)
- Árbitro: Vázquez Beiras (A Coruña).
- Goles: 0-1 m.38 Braulio, en propia meta; 1-1 m.45 Braulio; 1-2 m.76 Bruno

