Denuncian que o mar da Costa está desatendido polo recorte de horarios no servizo de helicópteros de emerxencias


Non chega coa tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte, como para que o noso mar siga sufrindo recortes. Así o denuncia CIG-Saúde, sinalando que o vindeiro día 18 de marzo comezará de novo o recorte horario dos helicópteros do 061, porque a partir dese dia, as horas de luz pasan de 12, que son ás que teñen cinxida a súa operatividade.
A CIG-Saúde denuncia, máis unha vez, que isto está a limitar a súa dispoñibilidade para atender urxencias e demanda que se garantan todos os medios ao alcance para estes casos, no canto de despilfarrar os cartos en edificios como o da nova sede do propio 061 e do 112, na Estrada.
Aseguran que se aquí se puxera o terceiro do que tantas veces se falou, na zona de Lugo (pensouse en Vilalba), podería ser factíbel ese horario deslizante, “pero con un en Santiago e outro en Ourense que ninguén diga que a Costa da Morte está cuberta despois de que pecha Santiago”.
A CIG-Saúde salienta ademais que as comunidades autónomas que usan o sistema das 12 horas, que logo implantou en Galiza o 061, teñen cando menos 3 helicópteros, así que os que quedan operativos cobren o que pecha.
Novas relacionadas- O centro de Salvamento Marítimo de Fisterra auxiliou 531 persoas durante o 2015.
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- CIG.