Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Dous campións e unha boa manda de peque-arqueiros soneiráns no Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco

Dous campións e unha boa manda de peque-arqueiros soneiráns no Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco
Santi Soneira en Taboadela Santi Soneira lanzando en Taboadela

Grandísimo sabor de boca deixa o Campionato Galego de Sala 2017 aos nosos arqueiros irmandiños celebrado en Taboadela (Ourense). Ademais de grandes actuacións na base, dous nomes volveron lucir nos podios:

José María Lema (o presi do club Dousxsetenta de Vimianzo) proclamouse Campión Galego de Sala 2017 en categoría Veterano masculino. Ademais, o baiés Santi Soneira, da Agrupación Deportiva Su A Agra, volveu arrasar en categoría de Arco Espido, e renovou o seu título de campión galego (xa é o 3º!).

O baié sde Su A Agra Santi Soneira campión galego de tiro con arco espido en Taboadela O baiés de Su A Agra Santi Soneira campión galego de tiro con arco espido en Taboadela Jose Maria Sanz do DousxSetenta campion galego de tiro con arco Jose Maria Sanz do DousxSetenta campión galego de tiro con arco

Expedición baiesa

Tres arqueiros baieses participaron en Taboadela. Santi Soneira tivo que pelexar con 10 participantes. Comezou regulín e a primeira rolda o deixaba 3º por detrás de Elias Méndez e Genaro Otero. Xa en Cuartos eliminou a César García Pena de Arkeiros do Deza. Nas semifinais Soneira enfrontábase a un vello coñecido, Iñaki Fariña de Meigarco co xa disputara a final do campionato galego en Aire Libre no 2016. Repetía o 6-4 dos cuartos. E xa na final esperaba Elías Méndez, co que tras unha igualdade máxima, nos dous últimos envites, Soneira conseguiu meter de novo o 6-4 para proclamarse Campión Galego de Sala 2017.

Os baieses Brais Antelo Amado e Andres Mourelle Garcia debutaron en tiro con arco Os baieses Brais Antelo Amado e Andres Mourelle Garcia debutaron en tiro con arco

En categorías base, Brais Antelo Amado e Andrés Mourelle García debutaron na modalide de Arco Espido na categoría cadete. E o fixeron moi ben, xa que a pesar de non contar co minimo de participantes para proclarmarse Campión Galego tras os 2 round clasificatorios de 30 flechas cada un. Andrés Mourelle quedou 1º clasificado superando a puntuación de Brais Antelo.

Arqueiros vimianceses

O club vimiances DousxSetenta en Taboadela Expedición do club vimiances DousxSetenta en Taboadela A arqueira Cris Santos A arqueira Cris Santos

Unha das notas máis importantes foi o triunfo do presidente do Club Dous por Setenta, José María Lema, despois de impoñerse na final 7-3 a Miguel Cid, do club Lumelar.

Pero a expedición irmandiña foi completisima. Uns 20 peque-arqueiros participaron nas categorías benxamín, alevín e infantil, cuns resultados máis que aceptables.
En categoría benxamín masculino obtivemos a cuarta e quinta posición con Dylan Ramíres e Sergio Platas respectivamente. Nesta mesma categoría, en féminas Cristina Santos proclamouse Subcampioa Galega, mentres que Arantxa Varela acadou o cuarto posto. As dúas competían nun galego por primeira vez.

Na categoría alevín masculina Yago García proclamouse Subcampión Galego na súa estrea na categoría, e Leonardo Calvo demostrou a súa boa progresión acadando a terceira posición. Isaac Varela foi cuarto; Erick Rodríguez fixo un meritorio quinto posto na súa primeira participación; Pablo Rodríguez foi sexto; Martín López , oitavo; Ángel Olveira, décimo; e Mario Pereiras, undécimo.
En féminas Paula Vázquez proclamouse Subcampioa Galega na súa estrea na nova categoría, mentres que María Lema acadou a terceira posición. Hai que destacar que María aínda é benxamín pero decidiu participar nunha categoría superior facendo un moi bo papel. Paula Pérez foi quinta clasificada.

Na categoría infantil feminina o club vimiancés un quinto e un sexto posto con Laura Ramos e Isabel Santos. Non chegaron ao podio pero competiron de marabilla. Igual que os seus compañeiros, José Vázquez, Marcos Esperante e Rafa Martínez en infantís masculina. José conseguíu meterse no podo cun flamante segundo posto, mentres que Marcos quedou a un paso (foi cuarto) e Rafa alcanzou a sétima praza.

Novas relacionadas

Comentarios