Jorge Quintáns e Iago Canosa amosan o seu poderío nunha proba nacional

Buscaban 4, pero volver de 2 medallas dos Campionatos de España de Slalom non é cousa miúda. O CDM Piragüismo Dumbría viviu unha fin de semana de altos e baixos na vila leonesa de Sabero. As alegrías que brindou Jorge Quintáns fixeron menos triste o mal resultado de Lorena Costa.
Jorge Quintáns

Jorge Quintáns foi o gran protagonista da expedición do clube costeiro. O de Vimianzo logrou subir ó podium tanto na categoría K1 cadete, onde se proclamou Subcampión de España, coma no C1, onde acadou unha fantástica medalla de bronce, tendo en conta que non é a súa modalidad de referencia. Competiu de maneira moi consistente, metendo en apuros o dominador da categoría, Pau Etxaniz, chegando incluso a porse por diante del na clasificación, e convertindose nun dos duelos máis emocionantes da competición, posto que chegaron a marcar ambolos dous tempos de finalista en categoría absoluta.
Nesta mesma categoría participaba Marcos Sánchez, que fixo a súa mellor competición de tóda a tempada, chegando a marcar o cuarto mellor tempo na xornada do domingo, e demostrando que se gaña en consistencia, o de Xestosa pode ser un dos que pelexen polos podiums na vindeira tempada.
Os mazaricáns Brais Pérez e Francisco Romar tamén competiron nesta categoría cadete, logrando ambos as súas mellores mangas da tempada.
Iago Canosa

Na categoría absoluta Iago Canosa presentou as súas credenciais para entrar no Equipo Nacional de Slalom para a vindeira tempada. na xornada do sábado chegou a tocar cos dedos o billete para os Campionatos de Europa na categoría sub23, pero unha mala primeira manga na xornada do domingo fixo que o olveirán pasara de ser o mellor colocado a perder tódalas opcións de estar na cita europea.
En todo caso o seu desempeño foi sobresainte, e nos deixa xa con muitas gañas de que chege a tempada 2018 para loitar polas plazas que dan dereito a participar nas competicións internacionais. Marco Oreiro competiu ben na categoría Senior C1, pero nuncha chegou a estar cerca dos postos que daban acceso á final.
As decepcións: Lorena e a patrulla masculina

No apartado das sombras, Lorena Costa competiu de maneira moi irregular, alternando excelentes baixadas con mangas moi por debaixo do seu nivel o que a deixou fora do podium cando era posiblemente a mellor palista da súa categoría. A de Berdeogas deberá competir mellor e gañar máis confianza nas súas posibilidades, o que lle dará máis consistencia a hora de enfrontarse á competición en vindeiras tempada.
En todo caso este mal resultado non empaña unha boa tempada na que subiu ó podiun en tres ocasións, e na que mesmo chegou a clasificarse para os selectivos do equipo nacional sub18 que se celebraron na vila francesa de Pau.
A outra posible medalla que se lle escapou o CDM Piragüismo Dumbría foi na competición por patrullas. O equipo fornado por Jorge Quintáns, Marcos Sanchez e Brais Perez se non era dos favoritos, si que tiña claras opcións de ser medallista. A mala sorte quixo que cando atacaban xa a segunda metade do percorrido, a Brais Pérez se lle lesionaba o ombreiro esquerdo nun apoio, o que fixo que tivese que abandonar a proba. En principio a lesión non reviste gravedad, pero e tempada rematou dunha maneira dolorosa para o de Arcos, que xa non competiu na xornada do domingo.
Vindeira proba, a Copa de España de Xoves Promesas en Dumbría
A competición non para en Dumbría, onde este fin de seman recibe ós clubes de toda España para a disputa da Copa de España reservada á categoría Infantil. A competición terá lugar o sábado 12 e o domingo 13 pola mañán no campo de slalom de O Couquipo, en Olveira.Novas relacionadas
- O clube Penedo gaña o campionato galego de Slalom en Dumbría.
- 6 medallas para o Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Promoción de Slalom
- O Piragüismo Dumbría supera a súa marca nunha Copa de España.
- A canteira do Piragüismo Dumbría demostra o seu potencial no Miño.
- Os padexeiros do Piragüismo Dumbría quedaron ás portas do Equipo Nacional.
- 4 dumbrieses estarán nos Selectivos do Equipo Nacional de Piragüismo.
- Os pequenos do CDM Piragüismo Dumbría acadan sete medallas na copa galega de Promoción de Slalom.
- O CDM Piragüismo Dumbría acada un fantástico 7º posto na Copa de España
- Jorge Quintáns gaña a medalla de prata na copa de España de Slalom.
- O CDM Piragüismo Dumbría arranca a tempada coa participación na copa galega de Slalom
- A mazaricá Andrea Pérez, Campiona Galega Absoluta de Piragüismo na casa
- Outras catro medallas para o CDM Piragüismo Dumbría en Ribadumia
- O CDM Piragüismo Dumbría acada catro medallas na copa galega de promoción de Slalom.
- Un sabroso bronce dumbriés nos Campionatos de España de Slalom de Sort
- Gran paricipación dos peques do Sen Siras e do Piragüismo Dumbría en Monforte.
- Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero.
- Mazaricos acolleu unha proba da Copa Slalom Galego
- A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo.
- Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida
- Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom.
- Os clubs de piragüismo costeiro arrincaron a tempada cunha proba internacional.
- Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).