Muxía rende unha sentida homenaxe ao gran Pazos de Merexo



Mañá emotiva a vivida este domingo 12 de marzo en Muxía. Unha vila muxiá que saldaba unha débeda eterna cun deses persoeiros que traspasa fronteiras e que aos seus 88 anos comeza a ver o cariño e o afecto que lle rende a súa comarca. O Concello de Muxía facíalle entrega do Premio María Amelia, un fermoso recoñecemento lembrando a aquela brava muller que puxo a vila da Barca en todo o mundo a través da internet, unha verdadeira pioneira.
E vangardista leva sendo Pazos de Merexo toda a súa vida. Dende a súa pequena aldea, e sempre co seu acordeón entre as mans, Pazos disfrutaba ademais da presentación do seu primeiro libro-disco, no que aparece na portada coma se falásemos dun bluesman do corazón de EEUU. “Pazos de Merexo. O acordeón diatónico da Costa da Morte”, foi un traballo realizado pola aCentral Floque, para o que ademais tivemos a honra de aportar o noso gran de area cunha gravación que realizabamos unha máxica noite con Kepa Junkera e Pazos de Merexo no Couto.
A emotividade presidiu o acto. Numerosos veciños que levan toda a vida escoitando ese acordeón non puideron evitar achegarse ao Salón de Actos do Voluntariado para emocionarse a través dos recordos da infancia, da mocidade, ou xa da vida adulta. Pazos, ca súa cara de noa persoa, deu unha nova lección de humildade. Foi o alcalde o encargado de traer de volta a aquela muller brava que con 95 anos quixo abrir as fiestras do mundo para colarse en centos de millóns de casas a través da rede. O Premio Maria Amelia é un galardón que cómpre manter moi vivo.

"O salón estaba cheo", cóntanos o xenro Tomás Lago, con moitísima xente, entre eles os mellores representantes do acordeón diatónico galego, todos sen excepcións recoñecendo o que significa Pazos para a música galega".
Tocaba sesión musical, e falaron os mestres e os acordeóns. Tomaron a palabra Pedro Pascual e Xurxo Souto, autores do libro, grandes admiradores do bravo muxián. E tamén falou o editor Ramón Pinheiro Alminha. "A emotividade nas verbas era trasmitida ao público, xa que houbo algunha que outra bágoa de alegría por parte de familiares e amigos", cóntanos.
Rematou o acto coa entrega do Premio María Amelia por parte do alcalde Félix Porto, que "recoñeceu coas súas verbas a Pazos como un embaixador da cultura de Muxía e exemplo de persoa a imitar co seu bo facer". Falaron tamén o seu fillo Pedro e máis a súa filla María José Pazos Liñeiro, que embriada pola emoción, soltou, entre bágoas, un "Que vou dicir, É MEU PAI", que conseguíu que o público rompese nun fundido aplauso. Unha timidez que sae do pai, que precisamente cando Xurxo Souto lle puxo o micro soltou un "eu son de poucas palabras", ao que Souto lle espetou un auténtico "Ti falas ca música".
O acto rematou con Pazos, por suposto co seu acordeón "mengascini", cos seus netos Adrián e Manuel, e cos Brais Maceiras, Xurxo Souto, Pedro Pascual, Xosé Manuel Varela, Fernando Fraga e outra banda de grandes acordeonistas do país no escenario tocando con él, e facendo unha fin de festa que a xente non esquecerá na vida.
É a familia Pazos un fantástico exemplo de como se manteñen vivas as tradicións, e non hai máis que ver aos seus dous netos como tomaron o amor polo acordeón dende tan pequenos.
”Un acto entrañable para render tributo a un home cunha dimensión importantísima para a música galega, e para Muxía”, valora Viki Rivadulla, que xa nos ten descrito a súa admiración por Pazos, e que tamén disfrou do xantar no Riojano, que, por suposto, rematou con foliada, pandeiretas, bailes, e moito moito moito acordeón diatónico. Un día entrañable para un home que "todo o que fai o fai coa súa alma pura coma o son do seu acordeón".

Artigos relacionados
- Viki Rivadulla: Pazos de Merexo.
- Xurxo Souto: Pazos de Merexo, o mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Pazos de Merexo xa ten o seu disco.
- Muxía homenaxea a Pazos de Merexo co Premio María Amelia e un libro-disco.
- A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés.
- Os premios do 15º aniversario da Nordés.
- “Pazos de Merexo debería de ser patrimonio da UNESCO”.
- Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo.
- Duelo de acordeóns interxeracionais en Muxía.
- Máxica noite con Kepa Junkera e Pazos de Merexo no Couto.
- Marcos Rodríguez asegura podio na Copa do Mundo de Fotografía.
Máis novas
- Premio María Amelia 2013: Un pirata e un corvo recibirán o Premio María Amelia 2013.
- Premio María Amelia 2012: Aurelio González Fernández recibe o Premio María Amelia 2012.
- Premio María Amelia 2010: Xan Fernández Carrera galardoado co Premio Maria Amelia 2010.
- 20-05-10: Un ano sen María Amelia.
- 21-05-09: Ata sempre María Amelia.
- 27-03-09: María Amelia descobre o vídeo chat.
- 09-05-08: Entrevista con María Amelia: ”Son socialista desde os 16 anos”.
- 19-11-07: María Amelia gaña o premio Bobs ao “Mejor Blog de habla hispana”.
- 02-09-07: 1ª entrevista: María Amelia fala por internet.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).