![apalpador-rego-da-balsa]()
apalpador-rego-da-balsa
A biblioteca Rego da Balsa recibiu xa a visita do Apalpador recén chegado do Courel coa axuda da
asociación ambiental Senda Nova. Unha vez alí, ademais de recibir aos nenos e nenas de Carballo, aproveitou a ocasión para inaugurar "O Apalpador Imaxinado", unha exposición de muriais que os propios nenos e nenas de Bergantiños se encargaron de elaborar o pasado Nadal e na que se pretende poñer en valor a súa figura a través do
proxecto "O Apalpador na Escola".
O carboeiro do Courel continuará estes días polos distintos centros educativos de Bergantiños para que os nenos e nenas lles axuden a protexer o lobo galego.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Senda Nova