venres. 02.05.2025
El tiempo

O PP invita aos afiliados a participar nas reunións comarcais

O PP invita aos afiliados a participar nas reunións comarcais
Diego Calvo mantivo unha reunion con representantes do PP na Costa da Morte Diego Calvo mantivo unha reunion con representantes do PP na Costa da Morte Durante un encontro de traballo mantido onte entre os alcaldes e portavoces populares de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso; Diego Calvo -o novo presidente do Partido Popular da provincia da Coruña -reafirmouse na súa idea de que, a partir de agora, os 30.000 afiliados cos que conta a súa formación na provincia da Coruña poidan participar de forma activa nas reunións comarcais que, ata agora, os dirixentes provinciais mantiñan de xeito periódico cos alcaldes e portavoces dos distintos partidos xudiciais da Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol, Noia, Santiago e Corcubión. O anuncio enmárcase dentro da nova política de participación que o recentemente elixido presidente provincial quere instaurar no partido, e coa que Calvo pretende que “todos os afiliados escoiten o que queremos facer, nos digan que queren eles, se queixen cando haxa motivos e nos acheguen as súas propostas”. Convencido, tal e como expresou no seu discurso como presidente provincial, da importancia de incrementar e potenciar a participación dos afiliados, Calvo pretende así que todos os militantes e simpatizantes do Partido Popular da Coruña teñan unha “opinión formada sobre calquera asunto de actualidade”. Formación Así mesmo, durante o encontro de onte na Costa da Morte, o presidente provincial insistiu tamén na necesidade de mellorar a formación dos militantes, alcaldes e portavoces a través das áreas de traballo que o partido está a poñer en marcha sobre diferentes materias. “É a nosa obriga como partido ofrecerlle á nosa xente as ferramentas necesarias para que poidan levar a cabo a súa labor coas maiores garantías posibles”, indicou Calvo, quen resaltou o seu compromiso para que o Partido Popular da Coruña se confirme como “unha referencia para todos os cidadáns”. Neste sentido, o presidente provincial fixo fincapé na importante labor que deben levar a cabo os comités locais, “a mellor canle” para poder chegar e comunicarse cos afiliados. “Se queremos facer do partido unha estrutura máis aberta e participativa, é fundamental que a comunicación sexa fluída entre todos nós, xa que así poderemos trasladar tamén as nosas ideas aos veciños”, afirmou o presidente provincial, quen asegurou que o seu novo equipo está “comprometido e ilusionado para traballar duro e recuperar a confianza dos coruñeses”. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • PP

Comentarios