mércores. 30.04.2025
El tiempo

O PXOM de Carballo dá un paso adiante

O PXOM de Carballo dá un paso adiante
O equipo redactor do PXOM de Carballo entregou onte a documentación aos responsables municipais O equipo redactor do PXOM de Carballo entregou onte a documentación aos responsables municipais O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes e o Arquitecto Municipal, Alfredo Garrote, recibiron onte de mans do equipo redactor, de Fernández Carballada e Asociados, a documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) despois de dárselle cumprimento á Orde emitida pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o pasado 2 de xullo sobre a aprobación definitiva do planeamento. Nas últimas semanas tanto os técnicos municipais como o equipo redactor estiveron traballando para incorporar todo o sinalado na citada Orde, mantendo o contacto tamén con técnicos da Xunta en dúas xuntanzas celebradas o pasado verán, e agora vén de culminar este labor. Está previsto que o goberno municipal lle remita esta semana copia do documento a todos os grupos políticos da corporación e convocarase unha xuntanza da Comisión informativa de Urbanismo que está previsto que se celebre a próxima semana. Ademais, o PXOM deberá contar cos informes preceptivos do secretario do concello, a interventora, o asesor xurídico municipal e o arquitecto municipal antes de remitilo para a aprobación do pleno. Tanto os técnicos, como o equipo redactor, como o goberno municipal esperan que este sexa por fin o paso definitivo e que xa non quede ningún outro aspecto que requira corrección ou modificación. Unha vez que o PXOM reciba no pleno unha nova aprobación provisional, será a Xunta a que teña a última palabra para a esperada e consensuada aprobación definitiva. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Carballo
Novas relacionadas

Comentarios