Previa da volta da final da fase de ascenso á Liga da Costa entre a SD Camelle e a UD Cerqueda

Dous pobos, dúas afeccións e dous equipos en busca dun mesmo obxectivo: o ansiado ascenso á Liga da Costa. Mañá, sábado 8 de xuño ás 18.00h, celébrase no Municipal do Rodeiro (Camelle), un dos partidos máis importantes do fútbol costeiro.
Augúrase que será un encontro con moita tensión debido á importancia do choque e tamén que está en xogo o ascenso á 2ª Autonómica.
A SD Camelle e a UD Cerqueda, 3º e 5º clasificado da liga regular, respectivamente, enfróntanse na volta da final da fase de ascenso á liga da Costa, nunha eliminatoria na que os cerquedáns parten coa lixeira vantaxe do 1 a 0 na ida.
No campo de Xaviña, o encontro tivo un claro dominador, o Camelle dominou a un Cerqueda que esperou atrás e aproveitou unha xogada a balón parado para gañar o partido e adiantarse na eliminatoria. Esto pode ser un presaxio do que nos deparará o encontro que veremos este sábado no Rodeiro, lugar que será unha olla a presión para os visitantes, xa que os camelláns contarán con cerca de 400 afeccionados nas gradas, mentras que os incondicionais do Cerqueda serán menos numerosos, pero faranse notar no campo camellán.
Esperemos que o sábado no Rodeiro se viva un gran espectáculo, un bonito partido de fútbol donde disfrute todo o mundo: xogadores, corpos técnicos, directivas e sobre todo os afeccionados; e que sexa un encontro do máis limpo posible. Moita sorte aos dous conxuntos e que gañe o mellor!!
Os protagonistas

Manu Guillamet, xogador da UD Cerqueda: Sobre o partido: “El partido va a ser muy reñido desde el minuto hasta el pitido final. Creo que va a haber muchos goles.”
Sobre o Camelle: “Espero un Camelle que salga a por el partido desde el principio ayudado por su afición ya que sabemos que aquello va a ser como un infierno. Van a salir a por todas, van a estar encima de nosotros como ya pasó en Xaviña.
Además tienen la baza de jugar en su campo y la de su afición.
Ellos son los favoritos por la temporada que hicieron pero en 90 minutos puede pasar de todo donde ganara el mejor y claro está el que tenga la suerte de cara.”
Sobre o Cerqueda: “Nuestro equipo no tiene nada que ver con el equipo que perdió en el Rodeiro en la primera vuelta de la liga por 2-0, ya que ahora estamos más formados como equipo. El Cerqueda saldrá a por todas y pensamos que el fútbol nos debe el ascenso.
Nuestra afición será poca pero se hará notar y nosotros le debemos el ascenso.
Desta vai! Pódese carallo!”

Ángel Carballo, “Pupus”, adestrador do SD Camelle: Sobre o partido: “O partido creo que vai ser como a ida, eles ben situados detrás e nos levando a batuta do partido. O Cerqueda intentará atacarnos con algún contragolpe ou en xogadas a balón parado.”
Sobre as afeccións: “A afección deles non se vai notar, xa que contaremos cuns 400 afeccionados”
Sobre o que hai en xogo: “Nós non temos nada que perder, acabamos de comezar un proxecto e no segundo ano conseguimos acadar a terceira plaza da clasificación con 10 puntos de vantaxe sobre o 4º clasificado. Para nós xa é unha boa tempada, si ascendemos mellor que mellor pero si perdemos non pasaría nada, en cambio o Cerqueda xa quedou fóra o ano pasado e quedar de novo esta tempada creo que sería un gran pau psicolóxico para o equipo. Así que gañe o mellor!!”
- David Castro (davidcastro@quepasanacosta.gal).
Máis información
Máis artigos de David Castro
- A Final da Champions League do fútbol da Costa xuvenil.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Previa do partidazo entre Camelle e IDC.
Crónicas da semana
- Fases de Ascenso ás Ligas Galegas: Agarrotados.
- Copa da Costa: Dous empates e dúas sentenzas cantadas.
- Fases de Ascenso: O Baio complícase e o Cerqueda toma vantaxe.
- Resultados do fútbol da Costa nesta primeira fin de semana de xuño.
Novas relacionadas
- A maxia pisou o Conco.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Artigos relacionados
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).