Venres. 03.05.2024
El tiempo

Fases de Ascenso: O Baio complícase e o Cerqueda toma vantaxe

Fases de Ascenso: O Baio complícase e o Cerqueda toma vantaxe
Cerqueda-Camelle-Foto-Wash-Calvo

Continúan en marcha as Fases de Ascenso á 1ª e 2ª Autonómica, cos nosos 3 equipos en liza. Ou 4, se contamos que o Mazaricos ten as esperanzas postas no ascenso do Baio, un ascenso que provocaría a súa permanencia na Liga da Costa. Pero o Baio, malia mellorar o seu xogo, segue sen coñecer a vitoria, e como podemos ver na clasificación en www.copadacosta.com, o equipo branquiazul está 3º cun só punto tralos dous primeiros encontros disputados.

Mentres, unha categoría máis abaixo, Cerqueda e Camelle abriron a finalísima da Fase de Ascenso á 2ª. Os malpicáns levarán un goliño de renda para a volta tras un choque tremendamente igualado e cun gran ambiente. O Rodeiro decidirá.

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3

Baio - Sálvora (0-0)

  • BAIO: Anxo, Jose Antonio, Eloy, Chema, Mario, Norberto, Fachal, Chucho, Alberto, Rubio, Martín. Tamén xogaron: MC, Cristian, Lucas, Iago.
  • Expulsión: o baiés Chema (min.88).

Ponse a cousa complicada para o cadro baiés, que terá que vencer os dous vindeiros partidos se quere asegurar unha das dúas prazas de ascenso. E con el, sofre o Mazaricos, pois o ascenso do Baio será a permanencia do cadro amarelo na 2ª.

O choque co Sálvora foi moi igualado, cun cadro branquiazul dominando en todo momento e un Sálvora demasiado metido atrás. E non puido traspasar a liña defensiva local o cadro branquiazul, máis que un tiro de Martín ou un remate de Rubio tras unhaboa combinación que marcharon fóra.

Na segunda, máis do mesmo, o Sálvora agazapado buscando algunha contra, pero a liña defensiva baiesa estivo moi segura. A mellor nova, a recuperación de MC, que voltaba aos campos e que aínda tivo o gol da vitoria nas súas botas. Antóxase clave a súa volta para as vindeiras xornadas.

Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, Ida da Final

Cerqueda - Camelle (1-0)

Cerqueda-Camelle-Foto-Wash-Calvo
  • CERQUEDA: Rubén, Atu, Pablo, Javi, Javi Pazos, Dani, Lorenzo, Dieguito, Dani Seaia, Juanjo (Bastón, min.58), Manu (Santi, min.46).
  • CAMELLE: Matías, Carlos de Dido, Valiña, Iván, Javi Rañal, Varu, Mario, Sergio (Guri, min.85), Jose (Tedín, min.70), Miguel Riveiro, Barreiro.
  • Gol: 1-0, min.67: Javi rematanado unha falta lateral.
Cerqueda-Camelle-Foto-Wash Calvo

Ida da Fase de Ascenso á 2ª Autonómica en Xaviña de Buño cun gran ambiente, coas dúas afeccións volcadas e máis de 200 persoas. Pero o partido foi algo máis bronco, senmoito fútbol, con moitos paróns, moito balón longo, sen un dominador claro no que os dous equipos non quixeron correr riscos.

O Camelle dominou algo máis o control do esférico, ante un Cerqueda que sempre gusta de esperar atrás. Moi ordenado, e moi seguro atrás, O Cerqueda (dosificando tralo choque de Copa pois os 14 xogadores xogaron os dous partidos) permitiu poucas ocasións de gol aos visitantes e buscaban algunhas contras ou faltas laterais para facer dano por alto. De feito o gol chegou nunha falta lateral, no ecuador da segunda metade, cando Javi remataba no segundo pao un balón colgado.

Antes, na primeira, o Camelle tivo un par de ocasións, unha de Sergio que picou o balón por riba de Rubén demasiado algo e outra case acabando a primeira cun tiro de Barreiro que saíu lambendo o pao. Aí chegou tamén a mellor ocasión do partido para o Cerqueda, tras un córner que rematou Santi e Matías, habitual lateral pero xa collendo a postura baixo paos, respondeu cun paradón a bocajarro.

Na segunda o partido ralentizouse todavía máis. Poucas ocasións e moito parón. Pola banda visitante tivo unha Varu que despexou Rubén, e outra Sergio tras un bo pase de Barreiro á que tamén respondeu con acerto o porteiro cerquedán.

Queda pois, todo aberto para a volta, que en principio, será o sábado no Rodeiro.

Cerqueda-Camelle-Foto-Wash Calvo Cerqueda-Camelle-Foto-Wash Calvo

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios