Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes

Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes

Rematada a temporada para moitos, é tempo de recepcións oficias. Aí van as primeiras, así como algunha fichaxe xa de cara ao ano que vén.

Os pequenos dumbrieses recibidos polo alcalde

Recibimento das categorias inferiores do Dumbria polo alcalde no Conco-Foto- Jorge Parri

Desta volta a recepción oficial do alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño tivo lugar nas impresionantes instalacións do Conco, para que os rapaces se sentiran máis coma na casa. Aí estiveron os cadetes, tralo seu histórico ascenso á División de Honra Galega, e os xuvenís, que conseguiron o título da Copa da Costa Xuvenil, ademais do de Campión da Liga Regular do Grupo Norte.

Todos escoitaron as felicitacións do alcalde, e do corpo técnico, dende José Canosa, ata os Diego Lobelos e Óscar Leis, auténticos armadanzas do éxito acadado polo equipo cadete, que logra o segundo ascenso consecutivo.

E temos que dar conta dunha última nova relacionada coas Ligas Galegas, pois o Dumbría vén de ratificar os seus novos técnicos para o ano que vén. Pablo Conde e Serguei, que este ano estiveron cos xuvenís, tomarán o mando dos Infantís de Liga Galega. Diego Lobelos e Óscar Leis continuarán coa fornada de xogadores que ascenderon aos cadetes a División de Honra e buscarán o ascenso á Liga Galega Xuvenil. Ademais, Juan Purrúa e Joaquí serán os encargados deses Cadetes de División de Honra.
Todos terán a ocasión de recibir este mércores 5 de xuño ás 19:30h no Conco, a un grande, Juan Carlos Valerón.

Pequeño, Canosa, Leis e Lobelos no recibimento das categorias inferiores do Dumbria polo alcalde no Conco-Foto- Jorge Parri

O Independiente de Carballo recibido no Concello

Familia do IDC Carballo na recepcion oficial do Concello-

O Club Independiente de Carballo CF vén de recibir na Alcaldía da Casa do Concello o trofeo que acredita aos xogadores como vencedores do Grupo Cuarto da 3ª Autonómica da Costa, levantando o seu primeiro título como equipo federado despois de tan só tres anos na 3ª da Costa e tras sete anos de traxectoria no fútbol de peñas.

O próximo ano xogarán na 2ª Autonómica xunto a outros equipos carballeses como o SD Sofán ou o SD San Lorenzo. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero recibiu aos xogadores do equipo acompañado do xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García Bello, do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e do Concelleiro de Mocidade, Daniel Pérez. Ferrero manifestou a súa satisfacción por ver "como un equipo que comezou na Liga de Peñas con tanto esforzo acadou este éxito". Así mesmo, subliñou a función dos xogadores como "embaixadores de Carballo" polos campos nos que xogan e tamén desexou "que non sexa a última vez que visitades esta Alcaldía", o que significará que conseguen novos éxitos no futuro. O acto tamén serviu para que o club recibira de mans da Federación Galega de Fútbol o trofeo que os acredita como campións.

A plantilla está composta por Noé, (porteiro), Jonathan (defensa), Toni lb (defensa), Brais (defensa), Juni (dianteiro pichichi do equipo, 24 goles), Benítez (dianteiro), Michel (medio), Carlos (medio), Velo (dianteiro), Mario (dianteiro), Cholo (medio), Seo (defensa), Belar (defensa), Jorge Pichel (medio), Dani Rosalia (defensa e capitán), Moreno (medio), Efrén (defensa), Adrián (dianteiro), Fran Rives (dianteiro), Scott (medio), Ivi (medio), Castro (defensa), Iván (porteiro), Suso Noya (defensa que tivo que colgar as botas mediada a tempada). O corpo técnico e a directiva está formada polo adestrador, José María Da Silva; o delegado, Rafa Villaverde; o presidente, Paco Cantelar; o tesoureiro, Brian Lista; e Miguel Rojo como vogal.

O capi Dani Rosalia recibindo o trofeo

Primeiras fichaxes

Mentres, por Fisetrra xa están pensando no ano que vén. O central Julio Dominguez Outes, procedente do Corcubión que anteriormente xogara no Camariñas, foi presentado onte como a primeira fichaxe do Fisterra para a temporada 2013/2014.

Julito presentado comonovo xogador do SD Fisterra

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

  • Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
  • Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
  • Fonte

    Comentarios