Venres. 03.05.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa nesta primeira fin de semana de xuño

Resultados do fútbol da Costa nesta primeira fin de semana de xuño
Cerqueda-Malpica-da-Copa-Foto-Wash-Calvo

Nova fin de semana de #fútboldacosta esta primeira de xuño. E con moita tensión a pesar de só termos en xogo 15 partidos de 5 competicións, que xa sabedes que tendes todas as táboas en www.copadacosta.com.

E comezamos o repaso polos Cuartos da Copa da Costa, que afrontaron a ida con moita igualdalde. E iso que dúas eliminatorias están case que sentenciadas de antes de xogalas, porque Baio e Cerqueda están máis pendentes da Fase de Ascenso que da Copa. Ademais, hai diferencia de categoría en todas os choques. Foi o Xallas Santa Comba o que encarrilou o pase a semis con máis claridade tras meter 8-0 ao Baio case que xuvenil. Ademais, o Malpica vencía 0-1 en Xaviña de Buño ante o Cerqueda e tamén ten un pé nas semis. Nos choques do domingo, igualdalde total, no xogo e no marcador. O Sofán e o Dumbría empataban a 1 e o Camariñas e o Soneira facíano a 0 deixando todo para a volta na cancha dos de Preferente.

Dous choques nas Fases de Ascenso á 1ª e 2ª Autonómica. O Baio dominaba en Sálvora pero non pasaba do empate a 0, o que o obriga case que a vencer os dous partidos restantes para acadar o ascenso. Cómpre lembrar que serán dous dos tres equipos os equipos que ascendan, e que o Mazaricos vive pendente do Baio pois o seu ascenso será a súa permanencia na Liga da Costa.
Os que queren estar o ano que vén na Liga da Costa son o Cerqueda e o Camelle. A ida xogábase hoxe e o Cerqueda sacaba un 1-0 que pode valer moito, pero o Rodeiro seguro que se converte nun inferniño para a volta.

Malas, moi malas novas nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. 5 partidos e 5 derrotas, e dúas delas, ademais, imposibles de remontar. En Xuvenís, o Cabana sufría mal de alturas e caía nada menos que 7-0 ante o Estrada, dando case por imposible esa final costeira que metería a un equipo seguro na Liga Galega. O XSC perdía tamén, e na casa, pero por 0-1, polo que as posibilidades aínda están abertas.
En Cadetes, o Cee recibía un set dun Arteixo moi superior e dí adeus ao soño do ascenso. A Esteirana, tralo seu temporadón, sufría a primeira derrota do ano ante o Santa María, pero só por 1-0 polo que ao pase á final está aberto, onde parece que agardará o Boiro.
Ademais, en infantís, o noso representante o XSC caía derrotado pero por un axustado 2-1, co que Fontenla pode ser clave para pasar á finalísima, onde case que de seguro estará o As Pontes.

O Arteixo endosou un set ao Cee no San Paio de Refoxos-Foto- Jorge Parri

Os que si temos xa definitivos son os semifinalistas da Copa da Costa de Veteranos. E ben intensos foron os cuartos, con ata dúas eliminatorias decididas na prórroga. O Muros remontaba no tempo engadido ao Agualada, que vencía 0-1 en Miraflores ao final dos 90 regulamentarios. Pero o cadro muradán facía dous tantos na prórroga que o mete nas semis para enfrontarse a un Coristanco que mallou no Nantón.
Polo outro lado, o derbi zaense remataba coin vitoria do Baio, tamén na prórroga. Os baises remontaban o 1-2 da ida, e no tempo engadido facían dous novos tantos que os meten nas semis. En fronte terán a un Cabana que sufríu para superar ao San Lorenzo. O 1-0 da ida valíu co axustado empate a 1 en Verdillo.

Copa da Costa, ida dos Cuartos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3


Fase de Ascenso á 2ª Autonómica

1-0Cerqueda - CamelleVolta

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil, Ida das semifinais

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

  • Os encontros do Muros-Agualada e Zas-Baio se decídían na prórroga.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

  • Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
  • Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
  • Fonte

    Comentarios