Venres. 03.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: Dous empates e dúas sentenzas cantadas

Copa da Costa: Dous empates e dúas sentenzas cantadas
Imaxe do Camariñas-Soneira-Foto- Jorge parri Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Dúas eliminatorias encarriladas e outras dúas en táboas. Así están estes cuartos da Copa da Costa que chegaron algo sosos. I é que dous dos 8 equipos están inmersos en competicións máis importantes como son as Fases de Ascenso e nestes cuartos están de meros espectadores. De feito, o Baio saltaba o sábado a Fontenla cheo de xuvenís, mentres que o Cerqueda xogaba tras unha longa semana ante o Malpica pensando tamén no choque do domingo ante o Camelle.
Ambas eliminatorias quedaron practicamente encarriladas, contando ademais con que tampouco na volta se van esforzar demasiado Baio e Cerqueda.

Nas outras dúas eliminatorias a cousa quedaba en táboas. A ida disputábanse na cancha do equipo teoricamente pequeno, e o Dumbría sacaba un empate a 1 no Carral ante un forte Sofán, mentres que o Soneira non pasaba do empate a 0 ante un Camariñas que tamén sae a por todas.

Sofán - Dumbría (1-1)

Sofan-Dumbria-Foto- Naza Capelo
  • SOFÁN: Bugy, Cantudo (Picas, min.65), Juanjo, Lista, Marcos (Gustavo, min.65), Eloy Boedo, Míchel, Iván Rojo, Iván Rey, Suso Docampo (Jacobo, min.60), Abel (Santi, min.55).
  • DUMBRÍA: David, Rudi (David Carreira, min.45), José, Aarón Fernandez, Pablo Vidal, Aaron López, Dani Casal, Iago, Miki (Luís, min.46), Álex Siaba, (Pereira, min.65), Bruno (Piri, min.46).
  • Goles: 0-1, min.5: Dani Casal de penalti; 1-1, min.75: Jacobo de penalti.

Fermoso choque, coma case sempre, nun Carral que presentaba unha gran entrada con máis de 200 espectadores. Non se pechou o Sofán ante un Dumbría teoricamente superior, que ademais se adiantaba aos 5 minutos cun gol de Dani Casal que transformaba un penalti cometido sobre o punta Bruno.
O gol descolocou aos locais e o Dumbría tivo varias ocasións para sentenciar a eliminatoria. Pablo Vidal mandaba ao balón a rentes do pao, mentres que o Sofán ía desquitándose o dominio visitante.

Rojo facía o primeiro tiro sofanista e Michel tiña unha gran ocasión que salvaba Aarón Fdez. baixo paos tras un pase atrás de Rey. A primeira metade acabou cun xogo moi igualado.

Na segunda a SD saíu máis encima, pero en fronte, a seriedade dumbriesa non permitía fisuras. Rojo enviaba un balón ao pao nun lado do campo, e no outro Bugy salvaba aos seus cunha doble parada espectacular. Faltaban 15 minutos cando Jacobo facía o empate tamén de penalti, e aínda quedaban unha ocasión por cada bando. Rojo, un dos mellores do encontro, facía lucirse ao novo David, e Bugy paraba no desconto un gol cantado.

Sofan-Dumbria-Foto- Naza Capelo

XSC - Baio (8-0)

XSC-Baio-Foto- Santi Diaz
  • XSC: Couto (Álvaro, min.75), Martín, Guille, Pablo Vigo (Alberto, min.60), Chinda, Jota (Jesús, min.55), Oscarín, Doro (Darío, min.52), Pablo Baña, Mon, Noli (Javi Suárez, min.57).
  • BAIO: Guille, Moncho, David, Iago (MC, min.68), Pablo, Fachal (Rubio, min.62), Anxo, Cristian, Valentín (Fredi, min.80), Jorge, Albertiño.
  • Goles: 1-0, min.15: Pablo Vigo; 2-0, min.25: Noli; 3-0, min.40: Mon; 4-0, min.51: Martín; 5-0, min.62: Pablo Baña; 6-0, min.68: Javi Suárez; 7-0, min.73: Darío; 8-0, min.77: Javi Suárez.
Pasillo aos prebenxamins do XSC-Foto- Santi Diaz

Pouco que contar deste choque que comezaba co pasillo feito polos dous equipos aos pre-benxamíns xalleiros, que foron homenaxeados polos seus maiores logo de quedar 2º na I Liga Pre-benxamín da Costa.

Pouco que contar pois o Baio tiña a cabeza, e medio equipo, no choque do domingo da Fase de Ascenso e presentou un equipo cheo de xuvenís. O XSC non tivo piedade e na primeira metade xa marchaba 3-0 ao descanso. Na segunda a superioridade foi maior, deixando a eliminatoria completamente sentenciada.

XSC-Baio-Foto- Santi Diaz

Camariñas - Soneira (0-0)

Camarinas-Soneira-Foto- Jorge Parri
  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Sergio, Rodri, Moriño, Manuel, Paco (Nico, min.75), De la Sierra, Juan oBello, Brais Triñanes, Martín.
  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa, Maikel, Mayuyo, Sito (Iván, min.15), Cristian (Javi, min.55), Basti (Curra, min.85), Baba, Richi (Quilmes, min.70), Adrián Makaay.
Capis do Soneira e do Camarinas-Foto- Jorge Parri

Bronco partido no Hermanas Patiño marcado polo forte vento, no que ningún dos dous quixo arriscar. Moi serios estiveron ambos conxuntos, se ben o cadro local tivo os mellores achegamentos, protagonizados por Juan oBello. Na primeira, o Camariñas, c vento a favor, presionou algo máis. Pero na segunda, o Soneira, sen arriscar demasiado, tivo algunha chegada por medio de Javi e Adrián Makaay, ás que respostou moi ben Pombo. Todo queda par a volta.

Con esta afección o Camariñas ten que ir lonxe-Foto- Jorge Parri

Cerqueda - Malpica (0-1)

Cerqueda-Malpica-Foto-Was-Calvo
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Javi (Iván Ponte, min.39), Pablo, Javi Pazos, Dani, Dani Seaia (Héctor, min.55), Juanjo, Dieguito (Manu, min.30), Lorenzo (You, min.50), Atu.
  • MALPICA: Suso, Adrián (Víctor, min.32), David Castro, Mario Casal, Marcos Amado, Andrés (Isma, min.64), Fernando Varela (Charro, min.46), Manu, David Blanco (Tato, min.72) Mino, Neucha
  • Gol: 0-1, min.7: Adrián.
  • Expulsión: o malpicán Marcos Amado (min.80).

Partido condicionado pola longa semana vivida, e polo choque da Fase de Ascenso do Cerqueda. Así, o Malpica marcou pronto e dedicouse a partir de aí a controlar e a desperdiciar ocasións de aumentar a ventaxa porque casi todos os seus claros remates marchaban fóra. O Cerqueda, ben prantado atrás, e facendo un partido digno, non puido máis que deixar pasar o tempo porque tampouco tiña capacidade de chegar á meta rival. De feito, o cadro local tivo unha soa ocasión nuha internada que salvou Suso.

O Malpica viu como lle anulaban un tanto a Neucha e como varias ocasións dos David Blanco e Fernando Varela e Charro, ou unha falta de Tato, non atopaban portería.

Cerqueda-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios