Venres. 03.05.2024
El tiempo

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas: Agarrotados

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas: Agarrotados
Cee-Arteixo de Cadetes-Foto- Jorge Parri

Agarrotados. Así estiveron os nosos 5 representantes neste debut das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil, que xa podedes seguir a través de www.copadacosta.com. 5 choques e 5 derrotas, con dúas definitivas que provocan a case segura eliminación do Cabana xuvenil e do Cee cadete, pero outras tres que deixan abertas as posibilidades para a volta.
Pola contra, os xuvenís e infantís do XSC, e os cadetes da Esteirana, aínda non dixeron a última palabra.

E antes de analizar partido a partido, temos que dar conta dunha última nova relacionada coas Ligas Galegas, pois o Dumbría vén de ratificar os seus novos técnicos para o ano que vén. Pablo Conde e Serguei, que este ano estiveron cos xuvenís, tomarán o mando dos Infantís de Liga Galega. Diego Lobelos e Óscar Leis continuarán coa fornada de xogadores que ascenderon aos cadetes a División de Honra e buscarán o ascenso á Liga Galega Xuvenil. Ademais, Juan Purrúa e Joaquí serán os encargados deses Cadetes de División de Honra.
Todos terán a ocasión de recibir este mércores 5 de xuño ás 19:30h no Conco, a un grande, Juan Carlos Valerón.

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

XSC - Xuv. Oroso (0-1)

XSC Xuvenil-Foto- XSC
  • XSC: Iván Couto, Miguel, Dani Martínez, Cristian Caamaño, Landeira, Diego Maneiro, Cristian Torres, Styven (Tefi, min.80), Fabián (Sergio Barbeira, min.65), Marquiños, Iván.
  • Gol: 0-1, min.40.
  • Expulsión: un xogador visitante.

Atopouse o Xallas de Santa Comba cun auténtico equipazo que chegaba despois de sacarlle na súa Liga 16 puntos a o Sp. Estrada, un Estrada que mallaba no Cabana. Pero o XSC estivo moi ben ordenado, moi loitador e moi ben armado, que prantexou un partido moi equilibrado, un dos mellores da temporada.
A novidade foi a presencia do cadete Cristian Caamaño no centro da defensa (habitual lateral), formando con Dani Martínez unha parella infranqueable, que apenas chegadas á meta de Iván Couto.

O Oroso comezou combinando pero o XSC tiña moi ben maniatado o medio campo rival, co que xa no ecuador do primeiro tempo os visitantes tiveron que tirar de balóns directos. Nun deles chegaba o único tanto do partido, logo de que Styven nunha falta e Iván cun tiro fóra avisaran para os de Rafa.

Nos egundo tempo cambiou o conto. O XSC estirouse e o Oroso botou liñas atrás e se puxo a defender a súa renda. Os locais tiveron vairas ocasións para conseguir a igualada, como unha de Martínez, unha de Iván ou a mellor, nos pés de Marquiños que mandou a súa vaselina fóra por moi pouco.

Ao final quentouse o partido, con algún mal xesto polos dous bandos, e unha expulsión dos visitantes. Vai estar complicado en Sigüeiro, pero o importante é que o equipo terá as súas posibilidades e que a imaxe foi positiva.

Estrada - Cabana (7-0)

Estrada-Cabana xuv-Foto- Isa Lema
  • ESTRADA: Fran (Manuel, min.61), Martín, Huse, Chan, Maneiro, Fernando, Arturo, Marcos (Marcos Louzao, min.65), Adrián, Varela (Diego, min.61), Ferreira (Ulla, min.55).
  • CABANA: Chechu (Adrián, min.71), Dani Mato, Raúl, Samuel, Laik, Pablo (José Ángel, min.61), Aless, Álex (Sergio Ferreiro, min.53), Iván Mato (Cristian, min.79), Moreno, Fraga (Martinciño, min.48)
  • Goles: 1-0, min.2: Gran asistencia de Ferreira que empurra Arturo, en boca de gol. 2-0, min.16: Varela, con gran clase. 3-0, min.38: Adrián, en posible fóra de xogo, salva a saída de Chechu e marca a pracer. 4-0, min.48: Marcos, aprobeita un rexeite da defensa cabanesa. 5-0, min.58: Centro espectacular de Adrián co exterior, magnífico control de Ulla, que define con moita tranquilidade. 6-0, min.63: Gran apertura á banda de Fernando, control perfecto de Ulla e mellor definición ante Chechu. 7-0, min.76: Tiro de Adrián, que se cola na portería visitante tras tocar nun xogador cabanés.
  • Campo: Municipal de Figueroa (A Estrada). Boa entrada cuns 150 espectadores aproximadamente.
Estrada-Cabana xuvenil- Foto-Isa Lema

Partido con pouca historia, o que se viu no Municipal de Figueroa. O Sporting Estrada pasou por riba do Cabana coma unha apisonadora. O equipo de Carracedo acusou moito as baixas coas que contaba ademais de xogar con varios rapaces tocados ante un Sporting Estrada, que demostrou ser un equipo moi ordenado, cunha defensa moi sólida, un contragolpe leta e que cando teñen o balón nos pés buscan un fútbol vistoso e cunha gran rapidez de xogo.

O comezo do encontro xa foi un presaxio do que ía pasar durante todo o partido. Aos dous minutos, os estradenses recuperan o balón en medio campo, pase en profundidade para Ferreira e a asistencia deste é empurrada ao fondo das mallas por Arturo en boca de gol para facer o 1-0. No minuto 10, os locais protestarían con moita insistencia un posible penalti na área visitante.
O Sporting pronto aumentaría a súa vantaxe no marcador. Pasado o cuarto de hora da primeira metade, un centro de Marcos que peitea Adrián é rematado por Varela ao fondo da portería con gran clase.

Seguirían dominando os locais, cunha gran claridade, a un Cabana irrecoñecible e que non reaccionaba. As ocasións para os estradenses sucedíanse pero primeiro Chechu cunha gran intervención e logo Dani Mato son que de desbaratar ás dúas ocasións consecutivas de Adrián, o mellor xogador do partido sen duda ningunha.
A terceira iría a vencida para o 9 do Sporting. Cando corría o minuto 38 de partido, chégalle un balón en longo ao dianteiro estradense, e éste en posible fóra de xogo, salva a saída de Chechu para facer o terceiro gol para os locais a porta baleira. Cun partido moi descafeinado e xa sentenciado, chegaríamos ao descanso co 3-0 no marcador.

A segunda metade comezaría igual que a primeira para os rapaces cabaneses. No minuto 48, un córner botado por Adrián é rexeitado pola defensa do Cabana, o esférico cáelle a Marcos que empurra o balón ao fondo da rede para o cuarto da tarde para os locais.
Tras o saque de centro, Aless faría o único lanzamento a porta da tarde por parte dos visitantes, pero o gardameta estradense atrapa sin problemas.
Os locais seguían dominando e as ocasións seguían chegando. No minuto 58, boa xogada combinativa do Sporting Estrada, apertura a banda para Adrián, que fai un espectacular centro co exterior, magnífico control de Ulla, que define ante Chechu con moita tranquilidade.
Cinco minuto máis tarde, gran apertura á banda de Fernando, control perfecto de Ulla e mellor definición ante o porteiro cabanés. Aínda faltaría o último da tarde, córner a favor dos estradenses que rexeita a defensa do Cabana, o esférico cáelle a Adrián e o tiro deste cólase na portería visitante tras tocar nun xogador cabanés.
No minuto 90, Diego tivo a oportunidade de aumentar a conta goleadora do seu equipo pero erra ante Adrián con todo ao seu favor.

Partido para olvidar dos homes de Carracedo que se viron superados en todas as facetas polo equipo dirixido por Tinto. Os cabaneses seguramente intentarán na volta demostrar o gran equipo que son e resarcirse desta derrota, pola que non se debe xuzgar a esta plantilla.

Estrada-Cabana xuvenil- Foto-Isa Lema

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Santa María - Esteirana (1-0)

Mal resultado, pero para nada insalvable o que trae a Esteirana da Coruña, sendo a primeira derrota da temporada ante un equipo moi forte, moi potente, pero con menos calidade. E iso que os esteiráns fixeron un dos peores encontros da temporada, moi agarrotados e nerviosos, que se viron sorprendidos polo vento e polos moitos paróns que impediron que os esteiráns colleran ritmo.

Así e todo os coruñeses apenas chegaron á meta blaugrana e mesmo no gol contaron cunha pizca de sorte, e coa axuda do vento. Por bando costeiro, houbo ata 4 claras ocasións para acadar o empate, pero nin Raúl en dúas ocasións, nin Jose cunha clarísima, nin Manuel, estiveron acertados para portería.

Ainda hai moitas posibilidades, e o sábado pola tarde a parroquia de Esteiro volcarase cos seus pequenos, xusto antes da Asemblea que ten convocada a entidade, para escoller a nova Directiva.

Cee - Arteixo (0-6)

Cadetes do Cee-Foto- Jorge Parri

Pouco que contar dun choque no os ceenses se viron superados por ungran Atl. Arteixo. Os de Mario acusaron os nervios e malia empezar con empuxe e controlando balón, viñéronse abaixo co primeiro gol visitante, chegado no ecuador da primeira. Aguantaron ata o descanso con ese marcador os ceenses, e saíron ben na segunda, pero o segundo tanto matou as esperanzas dos locais que se deixarn levara ata recibir semellan goleada.

Capis do Arteixo e do Cee-Foto- Jorge parri

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

Villestro - XSC (2-1)

XSC Infantil-Foto- XSC

En Villestro, os infantís do Xallas de Santa Comba, pese a xogar un excelente primeiro tempo, viron como os locais se adiantaban cun inxusto 2-0 ao descanso. Pero non decaeron os xalleiros e conseguiron recortar no último minuto do partido cun gol de Carlos, que deixa aberta a eliminatoria para a volta, que se disputará o sábado ás 10:30h en San Pedro de Castriz.

A ver se Carlos marca un tanto coma este que lle daba a Liga aos xalleiros.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios