Bágoas e figos pasos
10:00 15/01/11
Aconteceu o 6 de xaneiro de 1910.
Xosé Sestaio , mariñeiro de Muros , saíu co seu fillo Andrés de nove anos esa mañá cedo da casa, baixaron polas empenadas e mal empedradas calexas do Carme ao ritmo que marcaban os seus zocos que resoaban con balbordo nas rúas aínda escuras e baleiras. Pola Calle Ancha chegaron á beiramar onde tiñan a canoa fondeada.
A Andrés custaralle especialmente saír esa mañá para o mar co seu pai , pois deixaba na casa aos irmáns pequenos disfrutando dos figos pasos que os Reises Magos de Oriente deixaran esa noite nun pratiño de barro ao carón da lareira. O Neno, a pesar dos seus nove anos, era ben asisado e guieiro e dábase ben conta de que tiña que ir co seu pai para o mar a buscar o sustento diario da familia.
Vogaron hasta montar a punta do peirao de Porto Piollo onde izaron a vela e puxeron proa do Son. Sopraba un vendavaliño e na altura do castelo un burleu case lles da un desgusto, Xosé tomou un par de rizos da vela e co leme firme na súa man dereita mandou ao neno que se acurrunchase debaixo do banco de proa para que os salseiros non o mollasen.
A última persoa que veu o bote foi o fareiro do novo faro do rebordiño , que dixo logo que os vira no medio da ría con proa de Monte Louro , e que lle chamou a atención ver un bote esa mañá no mar, pois había bastante vento e forte mareira.
Nunca máis se soubo de Xosé Setaio nin do seu fillo Andrés, os restos do bote esnaquizado apareceron ao cabo duns días na praia loureana de Vieta.
E todo isto aconteceu o 6 de xaneiro de 1910 , cando os Reises Magos traian os nenos de Muros, figos pasos mollados en bagoas e salitre.

Tiña nove anos, un fardel e unhas botas demasiado grandes para os seus pés. Mordendo a bágoa rebelde aprendeu a ser home, vomitando de medo e de nostalxia pola nenez. E logo fíxose amigo da escuma e do choro do mar. E sucos de salitre salpicaron a faciana daquel vello mariñeiro, Cando a morte ruxiu baixo a almofada. E no seu delirio, din que berraba: Levádeme o mar, levádeme, que non quero morrer como un covarde.
- Manuel M. Caamaño (Homes de Pedra en barcos de pau).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".