venres. 09.05.2025
El tiempo
12:06
02/07/11

Xan das Crebas (XIV)

Xan das Crebas (XIV)

... andou un bo treito, logo, púxose a descansar debaixo dun carballo que estaba ao pé do camiño. Meditaba sobre a xente que... coñecera, e que, a pesar de ser un descoñecido, sempre había quen lle puxese unha man. Do seu chaquetón quitou unha caixiña con tabaco de picadura máis papel de fumar, dispoñíase a liar un pitillo, cando... polo camiño, achegábase unha persoa. Xan, xirando a cabeza, ollou pra ela, era un home delgado, tiña unha boina na cabeza e vestía roupa de festa, camiñaba coa mirada perdida nas pedras do camiño, Xan, ao pasar o home por onde el estaba saudouno:
- "Bos dias!", o home sobresaltouse, non se decatara da súa presenza, e, cunha voz profunda respostoulle;
- "Nos de Deus!" - proseguindo despois - "Vostede, non é deste lugar?" - Xan dixo:
- "Non, eu sou de máis ao sur" - o home voltoulle a falar;
- "Pois... de por aló veño eu, ía a ver se me curaba das miñas doenzas o "sabio de Villastose", pero, ca mala sorte de que xa Deus dera conta del, morrera, unha magua, érache... bo curandeiro ese home, sabía tódalas artimañas pra descubrir ós tramposos, ademais de curandeiro, pero... é a vida! , agora no seu sitio hai un rapaz novo". Xan díxolle:
- "Sí, oira falar del, pero xa hai moito tempo"... E vai Xan e pónselle a cantar unha pequena copla a aquel home:

No lugar de Villastose
hai un cura moi cabal,
tanto descubre o tramposo
como che cura un mal.

Un dia duas mulleres
levabanlle duas ducias de ovos,
na metade do camiño
gardaron unha nos toxos.

Ao rematar a consulta
con aquel cura tan sabio,
entregaronlle os doce ovos
e díxolles el de contado:

"¡váianse, váianse, señoras
que fanvos máis falta a vós,
arrimádeos xunto da outra
que no camiño quedou"...

O home díxolle a Xan:
- "Moi bonita esa copla, nunca a oira". Xan respostoulle:
- "Cantábama a finada de miña nai cando era un cativo". O home volveu decirlle:
- "Moi ben, e... Vostede vai cara a aldea?", ao que Xan respostou:
- "Sí, si se refiren cara ese lado do camiño, sí, vou". Entón o home pediulle que fose con el, así contarían cousas polo camiño, e, irían máis entretidos.

Erguéndose, Xan botouse a andar. O home que o acompañaba escomenzoulle falar:
- "Pois, vostede, a que se dedica? - Xan díxolle;
- Son un crebeiro, e ando pola costa en busca de crebas". - o home volveo a falar:
- "Pois mire, un pouco máis adiante hai unha gran praia, e sempre sae algo nela".

Mentres andaban, pasaron por unha igrexa , o home díxolle:
- "Esta igrexa é famosa por un caso que pasara cun soldado de aló de Escocia, pois o moi pillo entrou nela, quería roubar o copón de prata, onde el pensaba que estaba o Santísimo Sacramento, pero... non o atopou, e así comeu todas sagradas formas que este contiña no seu interior, dándolle, aló ao pouco, unha grande dor que tivo que arrastrarse pola igrexa, rabeando como un can e... morrendo pouco despois. Cando os veciños voltaron, atopáronno, i enterráronno nun buraco, cubrindo con pedras ao finado, pero, que fixeron? Despois foi peor, o cheiro tan grande que despedía fixo que en moito tempo non se puidese facer misa". - Xan dixo:
- "En cada sitio que vou, sempre atopo cousas raras que pasaron. Bueno meu home, vexo que a praia está preto e xa o deixo, voume ver si atopo algo". - O home respostou:
-"Encantado de coñecelo e que sexa un bo día pra vostede".

Xan colleu un camiño de pé e baixou por el cara a praia, tiña que pasar por preto dunha lagoa na que estaba chea de paxaros de todos tipos. Ao chegar á praia, deixou a seo saco na area, e foi cara a beira do mar. Había bastantes cousas que truxera o mar e tiña que remexer entre elas, pero Xan ese día non tiña presa, estaba melancólico. Sentouse enriba dunha caixa e... botouse ollar o mar, ese mar que tanto lle dera, que tanto lle quería, e pensou na xente que deixara atrás, por segunda vez, e... na viuva, aquela boa muller que o salvara dunha morte segura... Non sei eu, pero Xan... estábase a namorar...

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios