Luns. 29.04.2024
El tiempo

Aumento de fotografías sexuais en nenos preadolescentes nos últimos anos

Aumento de fotografías sexuais en nenos preadolescentes nos últimos anos

Nos últimos anos, como consecuencia do acceso masivo por parte de rapaces menores de idade ás plataformas en liña, estase producindo un aumento de abusos sexuais, realizados mediante este tipo de medios. Depredadores sexuais que se aproveitan da inocencia de menores, cada vez de idades máis baixas, son moi comúns.

Por unha banda, como sociedade, estamos normalizando que rapaces pequenos e inmaduros teñan acceso ás redes sociais. Se ben pensamos que o problema dos “selfies sexuais” só ocorre en adolescentes, e é totalmente evitable, xa que: “se non queres que se difundan as túas fotos, non as saques”. 

Isto cada vez está a acontecer máis en nenos e nenas menores de 10 anos debido a que existen moitos pederastas en videoxogos, os cales etiquetamos de seguros e inofensivos. 

Por outra banda, outro dato alarmante é o número de rapaces que, vítimas dos abusos, en lugar de comunicar o problema, optan polo suicidio como vía de escape, deixando as familias desoladas e os depredadores libres, preparados para facerse coas próximas vítimas. Agora ben, se eses nenos recibisen  unha educación neste tipo de materia, entendendo que eles non teñen a culpa do sucedido, as cifras    serían bastante diferentes.

En definitiva, o gran número de casos é alarmante. Ben é certo que o primeiro paso para buscar unha saída é recoñecer o problema, pero non chega con iso. 

Unha solución sería aumentar as medidas de seguridade da Internet, mais os remedios máis eficaces son, sen dúbida, a regulación e a supervisión do acceso ás plataformas en liña por parte dos máis pequenos, así como a súa educación neste ámbito, para que saiban como actuar e pedir axuda.

  • Irene Fernández Pérez (alumna de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira)

 

MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA

Comentarios