Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A suba dos prezos

A suba dos prezos

Nos nosos días, estamos experimentando unha gran suba do custo da vida producido a causa da expansión da covid, da guerra de Ucraína e da cuestión enerxética. A sociedade está preparada para resistir?

En primeiro lugar, a covid deixou un panorama desacougante xunto a familias con grandes dificultades económicas (debido ás perdas do traballo e ó peche de sectores de segunda necesidade). Logo, un ano máis tarde, Rusia invadía Ucraína e comezaba a restrinxir o combustible aos países europeos. Todas estas desgrazas puxéronse de manifesto na vida cotiá: suba dos prezos dos alimentos. En consecuencia, comprobamos como calquera reto actual acaba por afectar ao noso peto.

O exemplo do supermercado Mercadona foi revelador: o seu director admitiu a extraordinaria suba dos produtos que ofrecen. Non obstante, foi máis que xustificado co argumento de garantir a menor repercursión na cadea produtiva.

En efecto, os centos de traballadores da empresa deben seguir cobrando e os proveedores deben obter os seus beneficios. Quizais as axudas do Goberno destinadas ás familias vulnerables sexan a solución porque o que está claro é que a vida non se pode deter.

Finalmente, habemos loitar por salarios dignos e por un acceso aos artigos de primeira necesidade para toda a poboación. Oxalá a solidariedade se situara por enriba dos discursos políticos.

  • Luzía Roget Blanco. Alumna do IES Terra de Soneira.
 

ARTIGOS RELACIONADOS

 

Comentarios