Venres. 04.10.2024
El tiempo
Nuria Castelo
18:30
12/03/24

A violencia machista segue en aumento

A violencia machista segue en aumento

Actualmente, o número de casos por violencia machista segue en aumento, e día tras día vemos unha trasfega continua de titulares impactantes e datos preocupantes, especialmente no rural.

Por unha banda, moitas mulleres do rural, especialmente mulleres da terceira idade, foron criadas nunha educación machista, normalizando aguantar actos pexorativos cara elas, como insultos e golpes, pois para elas é algo normal. Ata fai relativamente pouco, moitas destas mulleres estaban afeitas a non saír da aldea, polo que non saían da burbulla na que a sociedade machista tradicional as quería: simples amas de casa e obxectos reprodutivos.

Por outra banda, a falta de medios fai que moitas vítimas de violencia machista decidan non denunciar, pois iso significa, por exemplo, desprazarse a outras vilas onde poder acceder a axudas, iniciando un longo proceso que ven como un período de vulnerabilidade. Debido ao medo, bótanse atrás para evitar que durante ese tempo os homes aumenten os actos de violencia a modo de vinganza.

Como conclusión, é necesario que a información, que agora si que se ofrece na educación, se leve a todas partes, incluído ao rural, para que esas mulleres vexan que non están soas, que a situación que viven pode mellorar e, ademais, débense aumentar os servizos, para que todas esas vítimas teñan a oportunidade de saír sen medo do pozo no que están mergulladas.

  • Nuria Castelo, alumna de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira, Vimianzo.

MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA

Comentarios