As Regueifas
Todas as linguas teñen algún tipo de historia ou tradición detrás, e o caso galego non é menos, podendo falar por exemplo das regueifas, unha mestura de lingua, musicalidade e moita creatividade.
Para comezar, unha regueifa é un canto que se realiza a modo de disputa entre dúas persoas, mais destaca polo seu toque retranqueiro. Seguro que moitos dos nosos avós e avoas gozaban do seu tempo de lecer escoitando ou participando nestas enxeñosas disputas, ríndose e gozando. Son un clásico galego onde se pode apreciar moi ben ese lado pícaro e divertido da nosa historia.
O mellor desta práctica é a súa forte conexión coa lingua e coa tradición galega, pois, ademais de ser un modo entretido de facerlle ver á xuventude e á xente non galega a cultura léxica que ten a nosa lingua, e de proporcionarlle unha axilidade mental incrible a aqueles que a practican, resulta un gran vínculo co pasado, xa que na actualidade non se lles concede o valor merecido. O interese por esta tradición, ademais de facer gardar o recordo doutros tempos, dálle visibilidade e, pode xerar un grande interese, o cal contribúe a intentar frear a extinción da nosa lingua.
Para finalizar, as regueifas, ademais dun modo de entretemento, diversión e conexión entre aqueles que se interesan por elas, poden chegar a converterse nunha gran forma de reivindicación, difusión e unión pola nosa fermosa lingua.
- Paula Blanco Paz. Alumna de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira.
MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA
- Cristina Plaza: A Saúde mental.
- Claudia Roget: A necesidade de salvar as nosas praias.
- Sergio Pose Romero: Por que defendemos un país que non respecta os dereitos humanos?
- Luzía Roget: O Aborto.
- Mateo Calzas: Que é un penedo?.
- Enma Pérez: A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?
- Claudia Roget Antelo: Os Penedos de Traba e Pasarela.